As entidades Down suspenden as súas actividades seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia

A Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade publicaron este xoves un “Protocolo conxunto para os centros de servizos sociais como consecuencia da situación e evolución do coronavirus (COVID-19)”.

As entidades Down de Galicia, seguindo as recomendacións oficiais, suspenderán as actividades e os servizos prestados ás persoas usuarias, intentando previr así os contaxios.

Deste xeito, Down Vigo, Down Pontevedra Xuntos, Teima Down Ferrol, Down Lugo, Fundación Down Compostela, Down Coruña e Down Ourense pecharán as súas portas durante un período inicial de 14 días.

De ser necesario, seguiranse incorporando as medidas que comuniquen as autoridades sanitarias.

Ir o contido