Actuacións subvencionadas con fondos europeos

Convocatoria 2025 de axudas á transformación dixital das pemes, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 – Procedemento IG300C

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de axudas á transformación dixital das pemes, cofinanciada pola Unión Europea.

O obxectivo principal destas axudas é o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

O resultado que se pretende acadar é posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.

  • Proxecto: “Plataforma web para a avaliación do envellecemento de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual (fase 1)
  • Contía da achega: 21.238,68 €
  • Descrición: A misión deste proxecto é a implementación dunha plataforma web nunha fase inicial (fase 1) para dar soporte tecnolóxico ás actuacións de recollida sistemática de información relativa aos procesos de envellecemento de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual, contribuíndo ao coñecemento dos procesos de envellecemento normal e patolóxico. A plataforma permitirá axilizar a atención e a avaliación apoiándose nas vantaxes das novas tecnoloxías.
  • Obxectivos do proxecto:
    • Deseñar unha plataforma web na que se recolla toda a información vinculada aos procesos de avaliación e seguimento do proceso de envellecemento das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual
    • Proceder nunha FASE 1 á dixitalización das probas, tests e instrumentos que se aplican ás persoas usuarias para a avaliación das capacidades cognitivas e do grao de mantemento co paso dos anos.
    • Mellorar a batería de tests dixitais que se deseñou no 2024 para avaliar as capacidades cognitivas e a súa evolución daquelas persoas usuarias con maiores limitacións e con máis necesidades de apoio, mellorando a facilidade de uso e incorporando as melloras que se considere tras a etapa de pilotaxe que xa se realizou.
    • Deseñar unha ferramenta (“Calculadoras”) para calcular o cambio clinicamente significativo das persoas usuarias.
      Implementar un sistema de Pilotaxe, testeo e validación das ferramentas deseñadas e da plataforma.
    • Avaliar da plataforma web en fase 1, en canto a súa utilidade, funcionamento, rendibilidade e satisfacción das persoas que se benefician da mesma
  • Resultados: Deseño dunha plataforma web para avaliar e facer seguimento do envellecemento das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual. Dixitalización de probas e instrumentos para avaliar as capacidades cognitivas e a súa evolución. Desenvolvemento de calculadoras para identificar cambios clinicamente significativos. Implementación de analítica predictiva con IA explicable, garantindo modelos representativos e libres de nesgos. Pilotaxe, testeo e validación das ferramentas desenvolvidas. Avaliación da utilidade, funcionamento, rendibilidade e satisfacción das persoas usuarias.
 

 

Convocatoria 2024 de axudas do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), publicada por CEPES no marco do Programa de Emprego, Educación, Formación e Economía Social (EFESO) para o período 2021-2027

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de axudas dirixida a seleccionar operacións que teñan como fin a inclusión laboral duradeira de persoas pertencentes a grupos sociais vulnerables a través de apoios profesionais específicos ao seu proceso formativo, de acceso e mantemento no emprego, así como o desenvolvemento de plans para o fortalecemento ou a consolidación das empresas e entidades da Economía Social que teñen por obxecto social dita inserción.

  • Proxecto: “Emprego Con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”
  • Contía da achega: 193.369,33 euros
  • Descrición: Este proxecto para a inclusión socio-laboral para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais no mercado de traballo ordinario desenvolverase a través da formación e preparación previa e complementaria ao emprego, así como a través dun proceso de apoio e acompañamento no posto de traballo contribuíndo a mellorar o nivel de empregabilidade das persoas que forman parte dun dos colectivos en maior risco de exclusión laboral e social. Para iso, aplicarase a metodoloxía do emprego con apoio, entendido como un sistema estruturado e sistemático de adestramento no posto de traballo, que permite á persoa con discapacidade adquirir as destrezas, habilidades e coñecementos que o seu posto de traballo demanda mediante a provisión de apoios dentro e fóra do lugar de traballo.
  • Obxectivo principal: O obxectivo principal destas axudas é facilitar a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual, especialmente das persoas coa síndrome de Down, no mercado de traballo ordinario garantindo, para iso, todos os apoios que tanto a persoa, a familia como o persoal empregador necesitan.
  • Obxectivos específicos:
    • Orientar e acompañar a persoas usuarias e familias para acceder a un emprego e conseguir ofertas laborais axustadas ao seu perfil persoal e profesional
    • Impulsar os niveis de empregabilidade das persoas usuarias a través da mellora e reforzo das competencias persoais e profesionais.
    • Prestar apoio, orientación e asesoramento ás persoas usuarias, familias e empresas durante a fase de incorporación e mantemento do posto de traballo da persoa con discapacidade
  • Resultados: O resultado que se pretende acadar é mellorar a calidade de vida dos/as usuarios/as de modo moi positivo, posto que a nosa experiencia permítenos afirmar que adquiren un incremento nas cotas de responsabilidade, autoestima, actividade e autonomía, factores fundamentais para poder levar unha vida o máis inclusiva posible. Así mesmo, para a avaliación dos resultados, disponse dun cadro de indicadores que se irá cumprimentando semestralmente.

Convocatoria 2023 das axudas á dixitalización Industria 4.0, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciada pola Unión Europea.

O obxectivo principal destas axudas é o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

O resultado que se pretende acadar é posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.

  • Proxecto: “Batería de tests dixitais para a avaliación do envellecemento de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”
  • Contía da achega: 7.250 €
  • Descrición: A través deste proxecto pretendemos deseñar unha ferramenta que facilite e axilice a atención e diagnóstico dos procesos de envellecemento das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, así como dun posible deterioro cognitivo e de patoloxías como o Alzheimer, Para iso, pretendemos desenvolver unha batería de tests dixitais que cubra diferentes ámbitos da memoria e capacidades cognitivas, especificamente adaptada ás características particulares do colectivo.
  • Obxectivos do proxecto:
    • Identificar e analizar as necesidades de adaptación dunha batería de tests dixitais para poder aplicarse ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.
    • Deseñar unha batería de test dixitais que se axuste ás necesidades e características das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, mediante un equipo interdiciplinar que aune o coñecemento do ámbito neuro-psicolóxico, asistencial e tecnolóxico, tendo coma centro principal ás persoas usuarias finais.
    • Desenvolver a batería de test deseñados no anterior punto empregando como ferramenta principal o motor Unity, garantindo a validez psicométrica dos diferentes test, tanto para ser utilizados como instrumento de prevención, como para ser utilizados como ferramenta de cribado e detección temperá.
    • Validar a batería de test dixitais a través dun estudo piloto involucrando a persoas usuarias da Federación Down Galicia.
    • Deseñar a estrutura dunha base de datos que posibilite o almacenamento da información resultado da aplicación dos test.
    • Levar a cabo un plan de difusión dos resultados do proxecto e da batería dos tests dixitais.
  • Resultados: Deseño dunha batería de tests adaptada á poboación coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, formado por un total de 5 probas que avalían a memoria, a memoria de procedemento, a memoria semántica, as gnosias visuais e a atención.
 

Subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631C).

  • Contía da achega: 58.257,73 €
  • Obxectivo xeral do proxecto: Adquisición no ano 2023 de vehículos de emisión cero, tipo eco ou etiqueta C verde, de ser o caso, adaptados a persoas con mobilidade reducida, que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Financiado con cargo aos Fondos da Unión Europea e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia
Esta actuación foi apoiada pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social e Xuventude

Skip to content