Portada » Programas de Down Galicia » Envellecemento activo na síndrome de Down
Envellecer é normal en todas as persoas,
pero para as persoas coa síndrome de Down
é tamén un logro importante.
Nos últimos años, a esperanza de vida
das persoas coa síndrome de Down aumentou moito,
e chega moitas veces a máis de 60 anos.
Isto débese a diferentes logros:
Encontrarás información sobre como traballamos o envellecemento
de persoas coa síndrome de Down nos seguintes enlaces:
O protocolo ASE serve para avaliar e seguir
o envellecemento das persoas coa síndrome de Down
e outras discapacidades intelectuais.
Encontrarás máis información sobre o protocolo ASE
nos enlaces seguintes:
Este vídeo explica como envellecen as persoas
coa síndrome de Down e como Down Galicia e as súas entidades
traballan para a súa autonomía e inclusión.
A Federación Down Galicia escribiu este artigo.
Publicouse na Revista Española de Discapacidad en 2019.
O artigo explica como a Federación axuda ás persoas
con síndrome de Down que envellecen antes do habitual.
Tamén explica o traballo
da Comisión de Envellecemento da Federación,
a relación entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzheimer
e os beneficios de manterse activo a medida que envellecemos.
Neste vídeo, persoas coa síndrome de Down
explican como viven o seu envellecemento
e como se senten durante este proceso.
Gonzalo Berzosa, especialista en envellecemento,
presenta este estudio.
O estudo realizouno Down España
xunto con Divina Pastora Seguros.
O obxectivo é responder aos novos retos que aparecen
porque as persoas coa síndrome de Down viven cada vez máis anos.
Neste vídeo, o profesor Jesús Flórez,
especialista en medicamentos,
explica a relación entre a síndrome de Down
e a enfermidade de Alzheimer.
Down Galicia participa en diferentes iniciativas
para axudar ás persoas a envellecer de forma activa:
Acordo de colaboración entre Down Galicia
e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría
para axudar ás persoas coa síndrome de Down
ou discapacidade intelectual
a ter un envellecemento activo e saudable.
Acordo de colaboración entre Down Galicia
e a Federación Galega de Alzheimer
para axudar ás persoas coa síndrome de Down
ou discapacidade intelectual
a ter un envellecemento activo e saudable.
Acordo de colaboración entre Down Galicia
e a Asociación de Centros de Día de Galicia.
O acordo busca poñer en marcha medidas
para axudar ás persoas coa síndrome de Down
ou discapacidade intelectual
a ter un envellecemento activo e saudable.
Tamén busca mellorar a atención social e sanitaria
que reciben estas persoas.
Acordo de colaboración entre Down Galicia
e o Colexio de Educadores Sociais de Galicia.
O acordo busca poñer en marcha medidas
para axudar ás persoas coa síndrome de Down
ou discapacidade intelectual
a ter un envellecemento activo e saudable.
Tamén busca mellorar a atención social e sanitaria
que reciben estas persoas.
Acordo de colaboración entre Down Galicia
e a Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns
de Iniciativa Social (Acolle).
O acordo busca poñer en marcha medidas
para axudar ás persoas coa síndrome de Down
ou discapacidade intelectual
a ter un envellecemento activo e saudable.
Tamén busca mellorar a atención social e sanitaria
que reciben estas persoas.
Desde agosto de 2022 a Federación Down Galicia
é membro do Clúster Saúde de Galicia.