Neste apartado atoparás as condicións de uso
deste sitio web. Tamén poderás consultar
os teus dereitos e obrigas como persoa usuaria,
segundo o artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo,
de Servizos da Sociedade da Información (LSSI).
Este sitio web pertence á Federación Down Galicia
www.downgalicia.org
CIF (Código de identificación fiscal): G15665144.
Domicilio: Rúa Alejandro Novo González, 1.
15706, Santiago de Compostela (A Coruña).
Teléfono: 981 581 167.
Correo electrónico: downgalicia@downgalicia.org
Condicións de uso
1. Persoas usuarias
Cando entras e navegas nesta web,
pasas a ser unha persoa usuaria.
Isto quere dicir que aceptas todas as normas
do aviso legal.
Estas normas poden cambiar co tempo.
2. Uso do sitio web e dos seus servizos e contidos
Como persoa usuaria, tes que utilizar esta web
de forma correcta.
Tes que respectar as leis, actuar de boa fe
e seguir as normas de convivencia.
Se non cumpres estas normas e causas danos,
terás unha responsabilidade fronte á Federación Down Galicia
e fronte a outras persoas.
Utilizar este sitio web é gratuíto.
Todo o mundo pode acceder.
Algúns servizos poden requirir que cubras algún formulario antes de
utilizalos.
Antes de cubrir os formularios,
tes que ler e aceptar este aviso legal.
Se non estás de acordo con estas normas que che explicamos,
non debes utilizar este sitio web nin os seus servizos.
Comprométeste a utilizar de forma correcta os contidos
e servizos da Federación Down Galicia.
Non podes utilizar a web para ningunha das accións seguintes:
I. Intentar entrar nos correos electrónicos ou zonas restrinxidas dos sistemas informáticos nin intentar obter información.
II. Vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial
e a confidencialidade da información
da Federación Down Galicia ou de outras persoas.
III. Copiar, compartir, modificar ou difundir os contidos
da web sen permiso da persoa propietaria
dos dereitos, excepto se a lei o permite.
IV. Pedir datos para facer publicidade ou enviar publicidade
ou mensaxes comerciais sen que a persoa afectada
o pedise ou dese permiso.
3. Modificación unilateral
A Federación Down Galicia
pode cambiar este sitio web cando o considere necesario.
Pode cambiar estes elementos sen avisar antes:
4. Hiperligazóns
Unha hiperligazón é un enlace que leva desde unha páxina web
a outra páxina web.
Se queres poñer unha hiperligazón a este sitio web,
debes cumprir as condicións seguintes:
En caso de que outra páxina web poña un enlace a este sitio web,
a Federación Down Galicia non é responsable dos elementos
seguintes:
5. Exclusión de garantías e responsabilidade
A Federación Down Galicia non ofrece garantías
nin se fai responsable de posibles problemas ou inconvenientes
relacionados co seu sitio web.
Estes problemas poden deberse ás seguintes situacións:
6. Duración
O sitio web e os seus servizos
non teñen unha duración establecida.
A Federación Down Galicia
pode parar o servizo en calquera momento.
Pode facelo destas formas:
Estas decisións tómanse seguindo as normas explicadas antes.
7. Lei aplicable e xulgados
As normas deste sitio web seguen a lei española.
Se hai algún problema con esta web,
o problema resolverase nun xulgado.
Se vives en España,
o xuízo será no xulgado do teu lugar de residencia.
Se vives fóra de España,
o xuízo será no xulgado de Santiago de Compostela,
polo que renuncias a calquera dereito que poidas ter
de celebralo en outro lugar.
Isto aplica á Federación Down Galicia
e ás persoas que usan a web.