Portada » Federación Down Galicia: misión, valores e inclusión
A Federación Down Galicia é unha organización sen ánimo de lucro.
Isto significa que o diñeiro que gañamos ou recibimos
usámolo para axudar ás persoas coa síndrome de Down.
Facémolo así porque queremos mellorar a vida
das persoas coa síndrome de Down.
A federación creouse no ano 1998.
Está formada por 7 asociacións de Galicia
que axudan a persoas coa síndrome de Down.
Desde a federación traballamos para que estas persoas teñan
as mesmas oportunidades que as demais.
Tamén axudamos a outras persoas con discapacidade intelectual.
Ofrecemos servizos e actividades
que non sempre están a disposición
das persoas coa síndrome de Down.
O noso obxectivo é que poidan aprender
e usar ao máximo as súas capacidades.
Tamén queremos que poidan vivir sós ou con axuda,
tomar as súas propias decisións
e participar na sociedade como calquera persoa.
A federación axuda ás asociacións que forman parte dela.
O obxectivo é que as persoas coa síndrome de Down
poidan participar na sociedade.
A federación apoia a estas persoas durante toda a súa vida,
e axúdaas a usar todos os servizos e recursos dispoñibles.
Os principios son ideas importantes.
Serven para guiar o noso traballo e saber como temos que actuar.
Os nosos principios son os seguintes:
Defendemos unha sociedade onde todas as persoas importan.
Cada persoa é diferente e única.
As diferencias deben aceptarse e valorarse.
O que fai diferentes ás persoas coa síndrome de Down
é tan importante como o que fai diferentes aos demais.
Respectar a diversidade acuda a que ninguén
se quede fóra da sociedade.
Cada persoa aporta algo bo á comunidade.
Todas as persoas temos un valor polo simple feito de ser persoas.
As persoas coa síndrome de Down
e outras discapacidades intelectuais
teñen os mesmos dereitos e obrigas que as demais.
Todas as persoas deben ser respectadas.
Ninguén debe ser discriminado por ningún motivo.
A dignidade é un dereito de todas as persoas.
O noso valor non depende do que sabemos facer
nin dos nosos logros.
Defendemos que as persoas
poidan decidir sobre a súa propia vida.
Queremos que poidan ser autónomas
e facer as cousas por si mesmas.
Isto axúdalles a vivir de forma independente.
Todos temos dereito a decidir por nós mesmos.
Tamén temos dereito a ser os protagonistas da nosa vida.
Todas as persoas adultas deben poder tomar as súas decisións
e vivir de forma independente.
Isto debe ser igual para todos.
Ninguén debe meterse na nosa vida máis do necesario.
Decidir é un dereito importante.
Por iso, damos apoio e ferramentas para que
as persoas coa síndrome de Down poidan decidir.
O obxectivo é que poidan vivir a súa vida
e ser independentes ao máximo.
Defendemos que os espazos deben ser accesibles para todos.
O mesmo ocorre coa información.
É importante eliminar as barreiras.
Tamén é importante eliminar as desigualdades.
Nisto deben traballar as administracións e toda a sociedade.
Todos temos dereito a usar os espazos,
a entender aquilo que nos explican e a usar os servizos.
Isto axuda a crear unha sociedade diversa, xusta e inclusiva.
Non só se trata das barreiras físicas.
A accesibilidade cognitiva tamén é importante.
A accesibilidade cognitiva significa que a información
sexa fácil de entender.
A accesibilidade debe aplicarse á tecnoloxía, á información
e á comunicación.
E as administracións deben facer os seus trámites accesibles,
para que non sexan tan difíciles de facer.
É necesario quitar as barreiras, para que o coñecemento
e a información sexan accesibles.
Defendemos que ninguén debe ser discriminado,
por iso damos apoio a todas as persoas.
Isto axuda a que cada persoa poida medrar
e desenvolverse ao longo da súa vida.
Valorar as diferenzas significa tomar medidas.
Estas medidas axudan a que todas as persoas
poidan exercer os seus dereitos.
Ademais, estas medidas tamén axudan a que cada persoa
poida desenvolver o seu proxecto de vida.
É importante eliminar a desigualdade,
porque, se existe, é máis difícil exercer os nosos dereitos.
Débense dar os apoios necesarios a cada persoa
para solucionalo.
Queremos que todas as persoas poidan estar presentes
e avanzar na sociedade.
Tamén queremos que se lles vexa e se lles escoite
ao longo da súa vida.
Axudamos a que estas persoas poidan participar na súa comunidade,
nas asociacións e na federación.
Todas as persoas deben ter voz nas decisións políticas
e nos servizos que lles afectan.
Entre todos axudamos a mellorar a sociedade.
A inclusión é tarefa de todos.
Por iso é importante crear lugares accesibles.
Así toda a poboación pode participar e avanzar.
Ningunha persoa debe ser excluída.
Deixar fóra da sociedade a persoas coa síndrome de Down
ou con outras discapacidades intelectuais non está ben.
Isto vulnera os seus dereitos e empobrece á sociedade.
Os valores son as regras que axudan á entidade
a comportarse ben na sociedade.
Son cualidades que permiten actuar de maneira correcta.
A Federación Down Galicia traballa seguindo estes valores:
Defendemos os dereitos, deberes e liberdades
das persoas coa síndrome de Down
ou con calquera outra discapacidade intelectual.
Facémolo seguindo os nosos principios e valores,
e aplicando normas que cumpren
a Convención Internacional de Nacións Unidas
sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
As entidades da Federación Down Galicia están formadas por familias.
Estas familias únense para mellorar a vida
das persoas coa síndrome de Down
e outras discapacidades intelectuais.
Coa súa forza, axudan á federación a cumprir a súa misión.
Respectamos a forma de traballar de cada entidade
e buscamos acordos en temas importantes para todas.
Todas as persoas deben poder acceder aos lugares,
os servizos e outros elementos da sociedade.
Estes lugares e servizos poden ser públicos ou privados.
Cremos que deben estar dispoñibles para todos,
en igualdade de condicións.
Así evítase o illamento e a exclusión
das persoas con discapacidade.
Tamén se evita que estas persoas teñan que apartarse
en lugares só para elas.
Traballamos de forma independente
e o noso compromiso é seguir mellorando sempre.
Queremos que todas as persoas que participen
nas nosas actividades estean contentas.
E por iso sempre actuamos de maneira clara, eficaz e ordenada.
Poñemos as ferramentas para que o noso equipo aprenda
e mellore as súas habilidades.
Facémolo mediante a formación e compartindo coñecementos.
Tamén traballamos de maneira conxunta con outras entidades
da comunidade.
Queremos amosar á sociedades cales son os dereitos
das persoas con discapacidade.
Tamén queremos mostrar por que é importante
apoiar ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

Delmiro Prieto González
(Down Compostela)
Delmiro Prieto González
(Robles de Laciana – León, 1956)

Manuel Pérez Cabo
(Down Pontevedra “Xuntos”)
Manuel Pérez Cabo
(Monforte de Lemos – Lugo, 1952)

Elías Ledo Fernández
(Down Compostela)
Elías Ledo Fernández
(Chantada – Lugo, 1955)

Rafael Cabezas Enríquez
(Down Ourense)
Rafael Cabezas Enríquez
(Ourense, 1952)

José Antonio Villamarín Cid
(Down Lugo)
José Antonio Villamarín Cid
(A Porqueira – Ourense, 1961)

José Martín Rodríguez
(“Teima” Down Ferrol)
José Manuel Martín Rodríguez
(Ferrol – A Coruña, 1955)

Mª José Gimeno Aránguez
(Down Coruña)
Mª José Gimeno Aránguez
(Madrid – 1963)

Cándido Giráldez Otero
(Down Vigo)
Cándido Giráldez Otero

Sonia Caldas Novás
Únete a Down Galicia e doa para apoiar ás persoas con síndrome de Down. Contribúe a un cambio nas súas vidas.
Contigo, medramos!