Portada » Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a síndrome de Down
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son 17 metas
para mellorar o mundo e resolver problemas importantes.
Algúns destes obxectivos son os seguintes:
Os ODS forman parte da Axenda 2030,
un plan de accións creado pola ONU no ano 2015 para garantir
os dereitos das persoas e do planeta.
A ONU é a Organización das Nacións Unidas.
É un grupo de países que traballan xuntos
para mellorar a vida das persoas en todo o mundo.
As ONG son organizacións sen ánimo de lucro,
é dicir, organizacións que non buscan gañar diñeiro.
Estas entidades utilizan o diñeiro que gañan
para seguir mellorando os seus proxectos.
As ONG poden axudar moito a que se cumpran os ODS.
Isto é así por estes motivos:
Como axudamos nós a cumprir os ODS?
En Down Galicia traballamos para cumprir os ODS de forma organizada:
Para que esta axuda sexa o máis adecuada posible,
levamos a cabo estas accións:
En Down Galicia traballamos en 7 dos 17 ODS. Son os seguintes:
Asegurar que todas as persoas poidan ter unha vida san
e sentirse ben a calquera idade.
Asegurar que todas as persoas teñan unha educación de calidade,
xusta e igual,
e que poidan seguir aprendendo durante toda a vida.
Conseguir que homes e mulleres
teñan os mesmos dereitos e oportunidades,
e apoiar a todas as mulleres e nenas
para que poidan decidir sobre a súa propia vida.
Facer que haxa menos diferencias entre as persoas dun país
e entre os diferentes países.
Conseguir que haxa paz
e que todas as persoas poidan participar, acceder á xustiza
e contar con institucións eficaces, abertas e responsables.
Mellorar os recursos para conseguir un desenvolvemento sostible
e aumentar a colaboración entre os países para conseguilo.

Atención temperá
Vida adulta e independente
Área complementaria
Área transversal

Inclusión educativa
Formación e emprego

Formación e emprego

Todas as áreas de atención

Todas as áreas de atención

Todas as áreas de atención

Todas as áreas de atención