Como colaborar con nós?

Doa diñeiro para apoiar ás persoas con síndrome de Down

Como podes axudar a Down Galicia?

Se desexas axudar a Down Galicia, podes facelo de diferentes maneiras:

Doando diñeiro cada mes.

Doando diñeiro de maneira ocasional.

Facendo que a túa empresa axude.

Doando diñeiro no teu testamento (testamento solidario).

Información fiscal sobre doazóns

Colaborar con Down Galicia significa comprometerte
cunha sociedade inclusiva.

Unha sociedade inclusiva é unha sociedade na que todas as persoas contan
e todas as persoas participan sen quedar fóra.

A Federación Down Galicia e as súas entidades traballan cada día
para construír unha sociedade máis xusta e inclusiva.
Isto significa unha sociedade que ten en conta as capacidades
de todas as persoas. Non importa como sexan: non se fan distincións.
Todas as persoas teñen o mesmo valor e os mesmos dereitos.

Onde vai parar a túa achega?

Gracias á túa colaboración, podemos seguir axudando
ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
para que desenvolvan o seu proxecto de vida
en igualdade de condicións co resto da sociedade.

Traballamos nas seguintes áreas:

  • Atención temperá: axuda desde que a persoa é bebé.
  • Logopedia: axuda para mellorar a fala.
  • Apoio na escola.
  • Axuda ao profesorado.
  • Formación e axuda para atopar traballo.
  • Axuda para traballar en empresas.
  • Programas para vivir de forma independente.
  • Ocio e actividades divertidas.

Outras formas de colaborar

Fai que a túa empresa axude

Doa diñeiro

Podes doar cada mes ou cando che vaia ben.
Os teus cartos axudan a proxectos que melloran a vida
das persoas coa síndrome de Down
e outras discapacidades intelectuais.

Doa produtos ou servizos

Podes doar materiais ou produtos
para as nosas actividades.
Tamén podes ceder as instalacións da túa empresa para eventos ou actos.
Segundo a lei, ceder bens tamén conta como doazón,
e pódelo deducir nos impostos.

Axuda a traballar

Podes ofrecer formación práctica na túa empresa
a persoas usuarias de Down Galicia.
Tamén podes contratalas.
Temos unha bolsa de emprego, de acordo co programa Emprego con Apoio.

Doa a través do Imposto de Sociedades

As empresas poden dar o 0,7% do Imposto de Sociedades a unha ONG
(Organización non Gobernamental).
Non costa diñeiro extra e axuda a Down Galicia a financiar os seus proxectos.

Que é?

Un testamento solidario é un testamento onde inclúes a unha ONG
como beneficiaria da túa herdanza.
Isto non prexudica aos teus herdeiros legais.
A ONG non paga impostos. É por iso que todo o diñeiro úsase para axudar.

 

Por que facer un testamento?

Se ti redactas o teu testamento, podes decidir quen recibirá os teus bens.
Se non o fas, a lei decide por ti.

 

Prexudica aos herdeiros?

Non. Os herdeiros legais sempre reciben a súa parte.

A parte que queda libre pódese dar a calquera persoa
ou entidade sen ánimo de lucro, como Down Galicia.

 

Que fai Down Galicia co que lle deixas no testamento?

  • Mellorar a vida de persoas coa síndrome de Down
    e as súas familias.
  • Defender os dereitos e promover a inclusión social
    das persoas coa síndrome de Down.
  • Dar atención durante toda a vida a persoas coa síndrome de Down,
    segundo as necesidades de cada unha.

 

Como incluír a Down Galicia no teu testamento?

É un proceso sinxelo que tes que facer ante notario.
Non necesitas ter moito diñeiro; calquera doazón axuda.
E non se trata só de diñeiro, tamén podes doar outros bens,
como unha vivenda ou un coche.

 

Datos que tes que aportar para incluír a Down Galicia no teu testamento:

  • Nome: Federación Down Galicia.
  • Enderezo: Rúa Alejandro Novo González, 1.
    15706, Santiago de Compostela.
  • CIF: G15665144.

 

Se xa fixeches testamento, podes modificalo
para incluír á Federación Down Galicia como beneficiaria.

Skip to content