Federación Down Galicia: misión, valores e inclusión

Down Galicia

Down Galicia

Mellorando a calidade de vida de cada persoa coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 1998 que agrupa a sete entidades específicas para a síndrome de Down de Galicia.

O sentido principal da súa existencia vén dado pola necesidade de establecer as medidas precisas para garantir a igualdade de oportunidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, a través da provisión de servizos e actividades das que están desprovistas na súa contorna.

O obxectivo prioritario de Down Galicia é conseguir que as persoas coa síndrome de Down e calquera outra discapacidade intelectual consigan a máxima capacidade posible para levar unha vida autónoma, tomar as súas propias decisións e formar parte da sociedade dunha maneira visible e inclusiva.

Misión

Apoiar o labor das entidades da Federación no traballo pola inclusión das persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais, a través de apoios personalizados ao longo da súa vida e da súa participación nos recursos existentes para toda a poboación.

persoas atendidas
+ 0
familiares acompañados
+ 0

Principios

Os principios son un conxunto de parámetros éticos de carácter universal, que poden expresar normas xurídicas, dirixidos a orientar a vida e labor da entidade

Diversidade:
“Todas as persoas somos diferentes”

Defendemos a riqueza dunha sociedade diversa. Cada persoa é única, diferente e irrepetible. As diferenzas de cada persoa deben ser aceptadas, valoradas e tidas en conta, dándolles a mesma importancia que ás do resto da sociedade. O respecto pola diversidade permite descubrir e valorar a cada quen como un ser único que achega valor á comunidade, evitando a exclusión social

Dignidade:
“Respéctame e valórame”

Defendemos o valor e a dignidade das persoas polo feito de ser persoas, independentemente das súas capacidades e logros. As persoas coa síndrome de Down ou calquera outra discapacidade intelectual teñen os mesmos dereitos e deberes que as demais persoas. Toda persoa, pola súa condición de ser humano, merece ser respectada, valorada e non discriminada por ningún motivo. A dignidade é un dereito fundamental e o valor dunha persoa non depende dos méritos acadados

Poder de decisión e independencia:
“Eu decido na miña vida”

Promovemos a autonomía individual e a autoxestión para levar unha vida independente, xa que todas as persoas teñen dereito á autodeterminación e a ser protagonistas da súa propia vida. Por tanto, todas as persoas adultas teñen dereito a tomar de forma autónoma as súas propias decisións e a vivir de xeito independente, en igualdade de condicións que as demais e coa mínima interferencia na súa vida privada. A autonomía decisoria das persoas é un dereito fundamental, polo que se impulsará a súa capacidade para afrontar esa toma de decisións, facilitándolles as ferramentas e os apoios personalizados necesarios para desenvolver a súa vida e acadar a máxima independencia.

Inclusión e participación:
“Estou presente e avanzo na sociedade”

Demandamos o cumprimento do dereito á accesibilidade universal, sendo fundamental traballar por eliminar as barreiras e as situacións de desigualdade dende todas as administracións e a propia sociedade. Facer accesible os espazos, as comunicacións ou os servizos é un dereito de todos e todas e é a clave para contribuír á construción dunha sociedade máis diversa, xusta e inclusiva. Ademais da accesibilidade da contorna física é fundamental asegurar a accesibilidade cognitiva, aplicando a accesibilidade universal no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, así como nas relacións coas administracións, sendo necesaria a eliminación de barreiras de acceso ao coñecemento e a comprensión

Igualdade de oportunidades:
“Coma ti, podo con apoio”

Defendemos a non discriminación, e damos o apoio necesario a cada persoa, para promover o desenvolvemento en todas as etapas da súa vida. Recoñecer e valorar as diferenzas implica levar a cabo medidas que fagan real e efectivo o exercicio dos dereitos e liberdades de todas as persoas. É preciso identificar e eliminar as situacións de desigualdade que impiden ou dificultan que todas as persoas poidan exercer os seus dereitos e realizar o seu proxecto de vida, articulando os apoios necesarios.

Accesibilidade:
“Acabemos coas barreiras que condicionan a miña vida”

Promovemos e apoiamos a presenza e o avance de cada persoa en todos os ámbitos da sociedade, dándolle visibilidade ao longo da súa vida. Apostamos pola participación activa das persoas na súa contorna, tanto na comunidade como na vida asociativa das entidades e da federación, onde deben ter voz nas decisións políticas e nos servizos, fundamentalmente naqueles que lles afecten de xeito directo. Todas as persoas que forman parte dunha sociedade contribúen a enriquecela. A inclusión é unha tarefa de todos e todas, polo que é necesario crear contornas accesibles nas que  aseguremos a participación e avance de toda a poboación. A exclusión social de calquera persoa non ten cabida nunha sociedade moderna e diversa. Cando se deixa á marxe a aquelas que teñen síndrome de Down ou calquera outra discapacidade intelectual, ademais de vulnerar os seus dereitos, empobrécese a sociedade

Colabora cunha donación con Down Galicia

Valores

Os valores son as guías para definir o correcto comportamento da entidade na sociedade. Conxunto de cualidades que permiten á entidade actuar de acordo ao que se considera correcto.
A Federación Down Galicia desenvolve o seu labor en sintonía cos seguintes valores:

Defendemos os dereitos, deberes e liberdades das persoas coa síndrome de Down ou calquera outra discapacidade intelectual a través dos nosos principios e valores, desenvolvendo políticas efectivas acordes coa “Convención Internacional de Naciones Unidas sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad”

As entidades Down están conformadas por familias, unidas pola mellora na calidade de vida das persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais. Coa súa forza, impulsan á Federación a levar a cabo a súa misión, que respecta o ámbito de decisión de cada unha das entidades da Federación e procura o consenso nos aspectos que sexan de interese común.

Fomentamos a utilización das instalacións, recursos e servizos destinados á poboación en xeral existentes na sociedade, tanto públicos como privados. Consideramos que estes recursos deben ser empregados por todas as persoas, en igualdade de condicións, evitando o illamento e a exclusión, así como a segregación en espazos específicos só para persoas con discapacidade

Traballamos de xeito independente e comprometido para conseguir a mellora continua. Buscamos a satisfacción de todos os nosos grupos de interese e aseguramos a transparencia, a efectividade e a coherencia nas nosas actuacións, así como a mellora da competencia profesional e o talento dos equipos a través da formación e o coñecemento compartido. Así mesmo, coordinámonos cos recursos existentes na comunidade e sensibilizamos á sociedade sobre os dereitos das persoas con discapacidade e a importancia da provisión de apoios para estas e as súas familias.

Xunta directiva

Delmiro Prieto González

Presidente

Delmiro Prieto González
(Down Compostela)

Delmiro Prieto González
(Robles de Laciana – León, 1956)

  • Estudos universitarios en Ciencias da Educación.
  • Desempeñou a súa carreira laboral no sector da Óptica en postos de xestión e dirección.
  • Actualmente está xubilado.
  • É vogal da Fundación Down Compostela e da Asociación Down Compostela.
Manuel Pérez Cabo

Vicepresidente

Manuel Pérez Cabo
(Down Pontevedra “Xuntos”)

Manuel Pérez Cabo
(Monforte de Lemos – Lugo, 1952)

  • Licenciado Oficial do Exército.
  • Actualmente é militar retirado.
  • É presidente da Asociación Down Pontevedra “Xuntos”
Elías Ledo Fernández

Secretario

Elías Ledo Fernández
(Down Compostela)

Elías Ledo Fernández
(Chantada – Lugo, 1955)

  • Diplomado en Profesorado de EXB.
  • Desempeñou a súa carreira laboral como funcionario público na Deputación da Coruña.
  • Actualmente está xubilado.
  • É vogal da Fundación Down Compostela e da Asociación Down Compostela
Rafael Cabezas Enríquez

Tesoureiro

Rafael Cabezas Enríquez
(Down Ourense)

Rafael Cabezas Enríquez
(Ourense, 1952)

  • Licenciado en Ciencias Económicas.
  • Desempeñou a súa carreira laboral como economista en empresa do sector téxtil galego.
  • Actualmente está xubilado.
  • É tesoureiro da asociación Down Ourense.
José Antonio Villamarín Cid

Vogal

José Antonio Villamarín Cid
(Down Lugo)

José Antonio Villamarín Cid
(A Porqueira – Ourense, 1961)

  • Doutor en Farmacia.
  • É Profesor Titular da Universidade de Santiago.
  • É secretario da Asociación Down Lugo.
José Martín Rodríguez

Vogal

José Martín Rodríguez
(“Teima” Down Ferrol)

José Manuel Martín Rodríguez
(Ferrol – A Coruña, 1955)

  • Estudos en Dereito.
  • Actualmente está xubilado dunha empresa do naval.
  • É vicepresidente da Asociación “Teima” Down Ferrol.
Mª José Gimeno Aránguez

Vogal

Mª José Gimeno Aránguez
(Down Coruña)

Mª José Gimeno Aránguez
(Madrid – 1963)

  • Licenciada en CC Biolóxicas na Universidade Complutense de Madrid
  • Traballa como docente nunha academia.
  • Actualmente é vogal da Asociación Down Coruña.

Vogal

Cándido Giráldez Otero
(Down Vigo)

Cándido Giráldez Otero

  • Tesoreiro da Asociación Down Vigo desde maio de 2025
Sonia Caldas Novás

Xerencia

Sonia Caldas Novás

Contigo medramos dentro da sociedade

Únete a Down Galicia e doa para apoiar ás persoas con síndrome de Down. Contribúe a un cambio nas súas vidas.

Contigo, medramos!

Ir o contido