A presidenta de Teima, Patricia Serantes, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Varela, asinaron o acordo mediante o cal o Concello mantén o seu apoio económico aos programas levados a cabo pola Asociación.
Convén lembrar que Teima ofrece un servizo de apoios estruturados ás persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual, para mellorar a súa calidade de vida a través dunha inclusión plena e efectiva na sociedade. Neste sentido, áreas como a escolarización en centros de ensino ordinarios ou a inserción laboral en empresas privadas da súa contorna, son dous expoñentes da súa filosofía de traballo. Ao igual que todas as entidades do Movemento Down Galicia, Teima utiliza os recursos da comunidade de xeito que respondan ás necesidades reais de toda a diversidade social.