Un grupo de dez mozos e mozas de Down Compostela recibiron unha clase maxistral de squash da man do campión Jesús Souto nas instalacións do Squash Club Santiago, nunha xornada de achegamento a este deporte que organizou a Federación Galega en colaboración coa Federación Galega de Casas de Turismo Rural (Fegatur) e o club con sede en Milladoiro. O presidente da Federación Galega, Carlos Noya Suárez, mostrouse sorprendido do nivel dalgúns dos participantes, “que teñen unha técnica incrible”, segundo asegurou. Durante máis dunha hora, os dez mozos e mozas estiveron a xogar en dúas das pistas do Squash Club Santiago con Jesús Souto e un dos monitores do club. Posteriormente, houbo quen disputou un pequeno partido con algúns dos xogadores habituais que acoden a adestrar ás instalacións de Milladoiro. Carlos Noya Suárez, foi o promotor desta iniciativa, coa que pretende difundir a práctica do squash entre mozos e mozas galegos para que se animen a federarse. Na actualidade, a Federación Galega conta con máis de 350 deportistas federados. “Agora queremos introducir máis o squash a través dos concellos”, explicou Noya. Unha vez finalizada a práctica deportiva, os dez mozos e mozas de Down Compostela participaron nun ágape de confraternidade, durante o cal se sorteou unha noite de aloxamento nunha das casas de turismo rural que forman parte de Fegatur. Juan Carlos Castiñeiras, de Vedra, foi o afortunado no sorteo, que contou coa colaboración de Inés Fernández Montenegro como man inocente. Todos os asistentes amosáronse encantados coa iniciativa e dispostos a volver xogar ao squash moi pronto.
Mozos e mozas de Down Compostela recibiron unha clase de squash co campión Jesús Souto
31 Maio, 2016
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.