• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

  • Xtumirada DownEspana_gal

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS DA FUNDACIÓN ONCE NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO DE INCLUSIÓN SOCIAL E ECONOMÍA SOCIAL 2014-2020 COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO

 

Nome do proxecto: Emprego con apoio: talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Contía da achega: 12.000,00€

Breve descrición do proxecto: Para facilitar a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual, especialmente das persoas coa síndrome de Down, no mercado de traballo ordinario, Down Galicia desenvolve un Proxecto de Emprego con Apoio estruturado en seis procesos: valoración e orientación para o emprego, intervención con familias, inclusión socio-laboral, prospección, xestión administrativa da inclusión e medición da satisfacción.

Os destinatarios deste proxecto de Emprego con Apoio son persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual con unha discapacidade superior ao 33%, maiores de 16 anos e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxectivo xeral do proxecto: Facilitar a inclusión socio-laboral das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no mercado de traballo ordinario, garantindo todos os apoios que a persoa, familia e empregador necesitan.