Ir o contido

Down Lugo convoca o seu concurso anual de postais

A Asociación Down Lugo convoca o XII Concurso Autonómico de Postais do Nadal dirixido a persoas coa síndrome de Down. O obxectivo deste concurso é o de fomentar a participación das persoas coa síndrome de Down en actividades culturais e espertar o seu interese polo mundo da pintura. As bases son as seguintes:

  1. Poderán participar persoas coa síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia de calquera idade.
  2. O tema obrigatorio será “O Nadal”.
  3. O estilo libre e a técnica de debuxo realizada con calquera procedemento a unha ou varias cores. Farase constar ao dorso, o nome, a idade, o número de teléfono e o enderezo do autor ou autora e o do centro co remite.
  4. Formato: os traballos presentaranse sobre cartolina tamaño Din A-4.
  5. Haberá tres premios para os autores/as das postais gañadoras consistentes en:
    1. 1º premio: unha cámara de fotos
    2. 2º premio: unha radio con lector de CD
    3. 3º premio: un MP4.
    4. Todas as persoas que concorran recibirán un diploma que acredite a súa participación neste certame
  6. O xurado estará formado pola Presidenta da Asociación, un representante do Concello, outro da Deputación Provincial de Lugo e unha persoa relacionada co mundo da cultura lucense. A súa decisión será inapelable.
  7. O prazo de entrega dos traballos para optar ao premio terminará o 13 de decembro de 2013 sendo este o último día de admisión das obras. Os traballos enviaranse por correo (Asociación DOWN LUGO. C/ Miguel de Cervantes 34, baixo. 27003 LUGO) ou entregaranse no enderezo sinalado de 10 a 14 h e de 17 a 20h.
  8. Os traballos serán expostos posteriormente nos locais da Asociación.
  9. Cos traballos premiados elaboraranse tarxetas de felicitación do Nadal do ano 2014, quedando estes en propiedade da Asociación DOWN LUGO.
  10. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.