DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia e “Teima” Down Ferrol celebran o Día Mundial da Síndrome de Down

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Galicia e “Teima” Down Ferrol celebran o Día Mundial da Síndrome de Down

O Auditorio de Ferrol foi o escenario escollido por Down Galicia para celebrar os actos do Día Internacional da Síndrome de Down e a Gala do XX aniversario da Asociación para a síndrome de Down de Ferrol “Teima”. Neste Día Mundial, un ano máis, as verdadeiras protagonistas foron as persoas coa síndrome de Down. O encargado de conducir o acto institucional foi Elías Ledo, membro de Down Compostela, mentres que os que deron voz ao Manifesto pola Autonomía Persoal foron Alberto Cotelo, membro de Down Coruña, e Miguel Pérez, membro de Down Pontevedra “Xuntos”. Reivindicaron “a colaboración de toda a sociedade para responder ás nosas necesidades; a implicación dos poderes públicos para apoiarnos e axudarnos a exercer os nosos dereitos; políticas para conseguir unha sociedade igual para todos en oportunidades e responsabilidades; recursos para convivir en igualdade de condicións, e participar en todas as facetas da vida; e que se entendan, recoñezan, e respecten as diferenzas de todos e de todas”. No acto tamén interviron o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela,  a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero e os presidentes de “Teima”, Patricia Serantes Castro, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González. O presidente de Down Galicia aproveitou para recoñecer o traballo que se está a facer desde o goberno galego para manter as políticas sociais pero incidiu na necesidade de reclamar que o marco legal estatal se axuste máis á Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade aprobada polas Nacións Unidas en 2006. Neste sentido, a vulneración destes dereitos que supón a aplicación da Lei Wert, que ata podería excluír do sistema educativo ás persoas con máis dificultades. Tamén citou a  reforma da normativa de subvencións como unha das normas que poderían prexudicar seriamente ás entidades do terceiro sector e ás persoas máis vulnerables da sociedade. Pola súa parte, a presidenta de “Teima”, Patricia Serantes fixo fincapé na necesidade de seguir desenvolvendo a Lei da promoción da autonomía persoal para atender as demandas das persoas coa sídnrome de Down, que se centran precisamente na necesidade de acadar as maiores cotas de independencia posibles. Así, insitiu na conveniencia de proporcionarlle ás persoas con discapacidade intelectual os apoios precisos para desenvolverse como persoas. Premios Down Galicia Down Galicia entregou, nesta edición, os I Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. O premio na categoría institucional, foille concedido a Alcampo Ferrol, por ser unha das empresas que apostou desde o comezo pola inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down. Mentres, na categoría de persoa particular, o galardón foille concedido a María Ferreiro, a que fóra a primeira xerente da Federación Down Galicia. O premio consiste nun recoñecemento simbólico e na entrega dunha figura representativa da imaxe Down realizada por un artesán galego. Gala aniversario Tras a entrega de premios e para celebrar o XX aniversario de Teima, ua xornalista Belén Baños e o showman Pepe Capelán, acompañados por unha parella de mozos de Teima, presentaron a gala musical. Entre os artistas convidados estiveron  Rosa Cedrón, Pulpiño Biascón, Cristina Cachaldora, Dance Fusión, Dani Rios, Débora Silva, Enrique Ramil, Shakti Danza, Tita Lijo e Xavier Lorenzo. Exposición   O hall do Auditorio acolleu a exposición da liña de roupa e xoias deseñada por mozos e mozas de Down Vigo en colaboración co grupo de deseñadores La Boîte Is. Trátase dunha iniciativa de sensibilización na que as persoas participantes demostran o seu talento e capacidade de traballo dando forma a unha colección cun forte sentido da estética, práctica e divertida. Ademais das prendas e das xoias, tamén se poderá coñecer como foi o proceso creativo a través dunha exhibición fotográfica.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade