Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia considera a LOMCE unha carreira de obstáculos que condena ao fracaso ás persoas con máis dificultades

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia considera a LOMCE unha carreira de obstáculos que condena ao fracaso ás persoas con máis dificultades

25 Marzo, 2014

» Down Galicia considera a LOMCE unha carreira de obstáculos que condena ao fracaso ás persoas con máis dificultades

Trátase dunha lei segregadora que establece itinerarios excluíntes e que selecciona e clasifica ao alumnado, perdendo a Educación o seu carácter compensador. Provoca, ademais, un retroceso irreversible nos pasos e avances acadados en materia de integración escolar. A introdución das reválidas (5 probas externas: en 3º e 4º da ESO e ao acabar o Bacharelato) e da segregación do alumnado desde 1º da ESO son unha das medidas que máis dano van facer ao sistema educativo e ao alumnado en xeral, e ao que ten necesidades específicas en particular. Tras as reválidas de 3º e 6º de primaria, con carácter “orientador” para os centros e as familias, pódese producir un feito insólito: aos 11 ou 12 anos, tras cursas primeiro da ESO sen acadar os obxectivos do curso, un mozo ou moza pode ser catalogado como “inservible” para continuar os estudos, ser segregado e, polo tanto, derivado cara a exclusión educativa de por vida. Esta segregación, vulnera a igualdade de oportunidades na cal debe basearse un sistema educativo de calidade. A pesar de que a nova lei emprega na súa redacción termos como equidade, non discriminación e inclusión, esta clasificará ao alumnado en función dos seus resultados académicos e non polo seu desenvolvemento integral, co que aqueles que non rocen a excelencia verán minguado as súas opcións educativas. Por esta e por outras cuestións discriminatorias, a Federación Down Galicia rexeita de pleno a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), xa que considera que levará consigo graves prexuízos  para a comunidade educativa, en xeral, e as persoas con discapacidade intelectual, en particular. Así mesmo, esta lei non garante que aquelas persoas con dificultades na aprendizaxe conten coa atención axeitada, provocando así que a calidade educativa descenda enormemente, e non rexeita a idea de favorecer a especialización dos centros. Por isto e porque considera que a LOMCE vulnera a calidade da Ensinanza Pública e non supón ningunha solución aos problemas reais da educación no noso país, a Federación Down Galicia apoia as reivindicacións dos profesionais educativos e secunda a folga xeral convocada para mañá 24 de outubro a nivel estatal.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}