DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

O proxecto de información, asesoramento e orientación laboral beneficia a máis de cincuenta mulleres con discapacidade

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» O proxecto de información, asesoramento e orientación laboral beneficia a máis de cincuenta mulleres con discapacidade

Co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, Down Galicia desenvolveu entre os meses de febreiro e novembro de 2014 un proxecto de “información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas e/ou en mellora de emprego”. Este proxecto tivo por beneficiarias a 51mulleres con discapacidade intelectual e/ou síndrome de Down, maiores de 16 anos e localizadas en diferentes puntos da Comunidade Autónoma galega. Así mesmo, a modo de beneficiarias indirectas, destacamos ademais, as entidades do sector empresarial, as entidades do sector de discapacidade e, moi especialmente, as familias das beneficiarias directas. O obxectivo principal foi o de facilitar os recursos e apoios necesarios ás mulleres con discapacidade co fin de superar situacións de desigualdade no ámbito socio-laboral a través da información, formación e orientación laboral. Para iso, leváronse a cabo unha serie de actividades entre as que destacan a análise das capacidades e habilidades das beneficiarias, así como das súas expectativas e preferencias laborais, para establecer as accións máis axeitadas para a súa inserción. Neste sentido, realizáronse accións individuais de información, entrevistas de orientación; plans personalizados de emprego  e accións orientadas a poñelas en contacto con outros organismos e entidades de utilidade neste proceso, como as administracións públicas, entidades polo emprego, centros de información xuvenil, cámaras de comercio ou organizacións empresariais. En definitiva, tratouse de favorecer que as mulleres con discapacidade intelectual en xeral, e síndrome de Down en particular, adquiran as habilidades e recursos necesarios para enfrontarse á vida laboral dun modo eficaz.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade