DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

BBVA e Down Galicia continúan coa súa colaboración a tavés do programa de prácticas formativas

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» BBVA e Down Galicia continúan coa súa colaboración a tavés do programa de prácticas formativas

“Con estas prácticas demostramos as nosas capacidades e poderemos defender o noso dereito a traballar e a ter as mesmas oportunidades que calquera persoa”. Así o expresou Carlota Rodríguez López, moza con síndrome de Down participante no programa formativo, que interveu no acto de presentación no nome dos seus compañeiros e compañeiras. Este programa, pioneiro en España, ten por obxectivo promover a inclusión socio-laboral das persoas participantes, a través da realización de prácticas formativas en catorce oficinas galegas da entidade bancaria. Enmarcado no programa `Emprego con Apoio´, os mozos e mozas participantes adquirirán unha experiencia laboral que lles axudará no proceso de busca de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa integración en diferentes equipos de traballo. Os 21 participantes traballarán en sesións de catro horas diarias durante un período de 2 meses cada un, en actividades administrativas: arquivar e destruír documentos, fotocopiar expedientes e documentacións diversas, ordenar fichas de sinaturas, arquivar contratos e documentación xerada no día e tratar recibos, entre outras funcións. O presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, destacou que “o principal valor deste programa reside na visibilidade que outorga ás persoas que participan no mesmo, posto que poderán ser percibidas polo público, os clientes do banco, e os compañeiros de oficina, como persoas útiles e capaces”. Mentres, o director da Territorial Noroeste de BBVA, Juan Carlos Hidalgo, sinalou que se senten “especialmente orgullosos desta iniciativa, impulsada pola Oficina de Voluntarios do Banco, porque a nosa vocación é traballar por un futuro mellor para as persoas e, neste caso, para os nosos novos compañeiros. A experiencia deste programa nesta comunidade, que foi onde se iniciou, e posteriormente en Asturias e Castela e León, permíteme afirmar que estas prácticas serán moi enriquecedoras tanto para os participantes como para os empregados” O programa de prácticas foi presentado hoxe en Santiago de Compostela e contou coa presenza de Carmen Bouso, directora Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia.

Entradas relacionadas
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia
2 Decembro, 2020
Down Galicia únese ao #GivingTuesday co seu proxecto para eliminar a fenda dixital
30 Novembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
A Deputación de Ourense apoia de novo a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down da provincia
24 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
  • Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
  • “Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade