DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

26 persoas de entidades Down en Galicia preparan as oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» 26 persoas de entidades Down en Galicia preparan as oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Un total de 26 persoas de seis entidades Down en Galicia presentaron a solicitude para concorrer ás probas do proceso selectivo para ingreso como persoal laboral fixo coa categoría de Axudante de Xestión e Servizos Comúns (ordenanza), en prazas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. A convocatoria, realizada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, está destinada a cubrir un total de 15 prazas no conxunto do Estado español, das cales 3 corresponden ao ámbito autonómico galego, concretamente nas cidades de Vigo, Ourense e A Coruña. As persoas que están a preparar estas probas, e en espera de que saia publicada a listaxe de admitidos e excluídos, corresponden ás entidades Down en Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. Convocatoria da Deputación de Pontevedra Pola súa banda, 9 persoas da Asociación Down Pontevedra “Xuntos” e 7 da Asociación Down Vigo están a preparar as probas correspondentes á convocatoria pública de selección do persoal que integrará a bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra para contratacións laborais temporais. Esta convocatoria contempla no punto 6 de postos ofertados, a categoría de Ordenanza reservado para persoas con discapacidade intelectual, grupo E, sendo a primeira vez que a Deputación provincial convoca estes postos especificamente para persoas con discapacidade intelectual. Discapacidade intelectual e acceso ao emprego público A convocatoria de oposicións en quenda única e independente para persoas con discapacidade intelectual é unha vella reivindicación das entidades que representan a este colectivo. A Administración central, convocara por primeira vez un proceso selectivo deste tipo no ano 2012, que ofertaba 3 prazas de ordenanza para a Comunidade Autónoma de Galicia, 2 na Coruña e 1 en Lugo. Naquela ocasión, Mauro Rodríguez acadara o posto de Lugo, converténdose no primeiro galego coa síndrome de Down que acadaba unha praza nunha oposición convocada polo Estado.  – Posteriormente, no ano 2013 realizárase outra convocatoria destas características pero non contemplaba prazas para Galicia-. O feito de que ata entón as convocatorias se fixeran conxuntamente para o colectivo de persoas con algunha discapacidade – xa fose intelectual, física ou sensorial-, implicaba que non se tiña en conta que as dificultades dos diferentes grupos de persoas con discapacidade non son as mesmas. Considerando que cada tipo de discapacidade ten unhas particularidades propias, Down Galicia sempre reclamou que as adaptacións nas probas de acceso fosen específicas para cada grupo, xa que non é posible unha equiparación real de oportunidades de non terse en conta as diferenzas de partida. A ausencia de adaptacións nos procesos de selección para os distintos grupos de persoas con diversidade funcional, fixo que as persoas con discapacidade intelectual sempre quedaran excluídas como beneficiarias do acceso ao emprego público.  

Entradas relacionadas
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia
2 Decembro, 2020
Down Galicia únese ao #GivingTuesday co seu proxecto para eliminar a fenda dixital
30 Novembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
A Deputación de Ourense apoia de novo a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down da provincia
24 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
  • Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
  • “Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade