Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O CERMI pide ao PP que reforme a lei electoral para que as persoas con discapacidade intelectual poidan votar

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI pide ao PP que reforme a lei electoral para que as persoas con discapacidade intelectual poidan votar

17 Abril, 2015

» O CERMI pide ao PP que reforme a lei electoral para que as persoas con discapacidade intelectual poidan votar

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) solicitou este mércores ao portavoz do Grupo Popular, Rafael Hernando, un cambio na Ley Orgánica del Régimen Electoral Judicial para que as 80.000 persoas con discapacidade intelectual incapacitadas xudicialmente poidan exercer o seu dereito ao voto nas próximas eleccións. Así o manifestou o presidente do CERMI, Luis Cayo Pérez Bueno, nunha reunión, celebrada na sede do CERMI, á que tamén acudiron Marta González, portavoz adxunta do Grupo Popular no Congreso; Francisco Vañó, portavoz do Grupo Popular na Comisión de Políticas de Apoio á Discapacidade; Alberto Durán, secretario xeral do CERMI e vicepresidente da Fundación ONCE e presidente de Ilunion; Concepción Díaz, vicepresidenta do CERMI e presidenta de CNSE; Enrique Galván, presidente da Comisión de RSE e Discapacidade do CERMI e director de FEAPS; e Pilar Villarino, directora executiva del CERMI. Pérez Bueno insitiu en que España debe adaptarse á Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade e subliñou que “non se pode privar do dereito ao voto a persoas con discapacidade intelectual porque se trata dun dereito fundamental”. Neste sentido, lembrou o caso da concelleira do PP coa síndrome de Down Ángela Bachiller que “ten dereito a ser elixida pero non a votar”, no que considerou un “paradoxo máximo”. Tamén se referiu á accesibilidade no marco dos procesos electorais e sinalou que aínda que se ten avanzado neste terreo, e por lei os locais e colexios electorais deben ser accesibles, seguen sen selo os programas electorais, os vídeos de campaña ou outros materiais. Ademais, Pérez Bueno referiuse á necesidade de modificar a “insuficiente” Lei de Propiedade Horizontal e lamentou que a normativa actual só estableza límite de custe no ámbito da accesibilidade, ao tempo que lembrou que na actualidade o 70% do parque de vivendas en España non é accesible. Sobre a lei de xurisdición voluntaria, solicitou que dous terzos dos bens adxudicados ao Estado pola non existencia de herdeiros legais ou coñecidos (abintestato) se destinen a fins sociais. Así mesmo, tamén se abordou a actual tramitación parlamentaria da Lei do Terceiro Sector, un punto no que Pérez Bueno fixo entrega a Hernando das enmendas presentadas polo Terceiro Sector ao proxecto de lei. Pola súa parte, Rafael Hernando mostrouse disposto a estudar as peticións do CERMI e intentar xerar un consenso para a reforma da lei electoral.

Entradas relacionadas

Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}