Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

As persoas coa síndrome de Down reclaman máis oportunidades no Día Mundial da síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas coa síndrome de Down reclaman máis oportunidades no Día Mundial da síndrome de Down

21 Marzo, 2016

» As persoas coa síndrome de Down reclaman máis oportunidades no Día Mundial da síndrome de Down

Baixo o lema “A vida non vai de cromosomas”, as persoas usuarias de Down Lugo, mozos e mozas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, deron lectura nos actos de celebración do Día Mundial da Síndrome de Down e do XX aniversario da Asociación Down Lugo ao Manifesto pola Autonomía Persoal, no que reclamaron os seus dereitos e reafirmáronse como persoas útiles para a sociedade. “As persoas coa síndrome de Down somos seres humanos dignos de todo dereito. Non queremos compaixón nin ningún tipo de segregación. Queremos o noso espazo e ser considerados un cidadán máis nesta sociedade que tamén é nosa”. A lectura do manifesto quedou englobada nun acto colorido e visual, no que se intercalaron números musicais, vídeos e divertidas actuacións. O evento, que tivo lugar no Salón Regio do Círculo de las Artes de Lugo, contou coa presenza do subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo Páez, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela,  a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e os presidentes de Down Lugo, Mª José Blanco Freire, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González. Durante a súa intervención, María José Blanco puxo de manifesto a necesidade de que as persoas coa síndrome de Down teñan voz propia e conten con oportunidades para facerse oír. “Porque as persoas con síndrome de Down, como calquera outra persoa, deben poder optar a un futuro digno e poder vivir de acordo cos seus anhelos e desexos”. Pola súa banda, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, fixo un breve repaso ás normativas que actualmente están restrinxindo os dereitos das persoas coa síndrome de Down, como son a LOMCE, para a que pediu a súa inmediata derogación, ou os procesos de incapacitación xurídica e recordou a importancia que teñen as convocatorias de emprego público por parte da Administración. No final da súa intervención agradeceu toda a colaboración recibida para poñer en valor as capacidades das persoas coa síndrome de Down e facelas máis visibles. Premios Down Galicia Down Galicia entregou, nesta edición, os III Premios Down Galicia, que teñen por obxecto recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. O premio na categoría institucional foille concedido á Fundación Alcoa, polo seu apoio continuado a través de programas de voluntariado dende hai máis de 10 anos. Mentres, na categoría de persoa particular, o galardón foille concedido a Gonzalo Corredoira, delegado provincial de Gadisa, pola súa implicación co programa de Emprego con Apoio de Down Lugo. O premio consiste nun recoñecemento simbólico e na entrega dunha figura representativa da imaxe Down realizada polo artesán galego Fernando Porto. Iluminación dos principais monumentos de Galicia Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemorarán hoxe o Día Mundial da síndrome de Down. A Torre de Hércules en A Coruña, a Cidade da Cultura, o Concello, o Hostal dos Reis Católicos e o Colexio de San Xerome en Santiago de Compostela, o Concello de Ferrol, as Murallas romanas e o edificio da Deputación en Lugo, as Burgas de Ourense, as fontes da Rúa Aragón en Vigo e os edificios do Concello e da Deputación en Pontevedra serán iluminados de azul este luns 21 de marzo. Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora do seu proxecto de vida independente
29 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}