Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As entidades Down contabilizan 21 novas insercións laborais desde o inicio de 2016

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades Down contabilizan 21 novas insercións laborais desde o inicio de 2016

1 Maio, 2016

» As entidades Down contabilizan 21 novas insercións laborais desde o inicio de 2016

Vinte e un mozos e mozas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, usuarios e usuarias de entidades Down en Galicia, asinaron neste inicio de ano un contrato laboral en empresas ordinarias da súa contorna. Por áreas de influencia desde as entidades Down en Galicia, na zona de Vigo foron 10 as persoas que accederon a un posto de traballo, 4 en Pontevedra, 3 en A Coruña, 2 en Ourense, 1 en Compostela e 1 en Lugo. A estas novas insercións súmanse 4 prórrogas e 1 transformación nun contrato indefinido. Todos eles son participantes do programa de Emprego con Apoio que as entidades Down teñen en funcionamento dende xuño de 2002. As persoas inscritas neste programa, que suman un total de 186 entre todas as entidades Down, reciben unha formación e unha preparación laboral que lles permite desempeñar os postos de traballo máis axeitados segundo as capacidades de cada quen. No pasado exercicio, 108 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual conseguiron un emprego en empresas ordinarias. Por localidades, na zona de Vigo foron 41 as persoas que traballaron en 2015, 14 en Compostela e Pontevedra, 12 en A Coruña, 10 en Ferrol, 9 en Lugo e 8 en Ourense. Sen embargo, estas 108 persoas asinaron un total de 136 contratos, o que dá conta de que a inestabilidade e a temporalidade nas contratacións seguen a ser os principais atrancos na inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual. Aposta polo Emprego Público O acceso ó emprego público para as persoas con discapacidade intelectual en xeral, e coa síndrome de Down, en particular, é unha das reivindicacións históricas da Federación Down Galicia. A Administración central convocara por primeira vez unhas oposicións en quenda única e independente para persoas con discapacidade intelectual no ano 2012, no que ofertaba 3 prazas de ordenanza para a Comunidade Autónoma de Galicia, 2 na Coruña e 1 en Lugo. Naquela ocasión, Mauro Rodríguez acadara o posto de Lugo, converténdose no primeiro galego coa síndrome de Down que acadaba unha praza nunha oposición convocada polo Estado. Nestes últimos meses, as administracións públicas veñen de convocar dous procesos selectivos dirixidos ó colectivo de persoas con discapacidade intelectual. En marzo de 2015, a Xunta de Galicia contemplou por primeira vez na súa historia na oferta de emprego público a reserva de prazas para persoas con discapacidade intelectual e a convocatoria dunhas oposicións dirixidas a este colectivo, neste caso para cubrir 6 prazas de ordenanza. Nesta convocatoria, publicada en marzo de 2016, contémplanse adaptacións como a redacción do exame en lectura fácil, fórmula que facilita a comprensión da información dun texto con frases sinxelas e de composición lóxica -entre outras características-, ou a presentación máis accesible das preguntas. E o pasado decembro de 2015, a Administración Xeral do Estado lanzaba un proceso de selección deste tipo no que ofertaba 70 prazas de Axudante de Xestión e Servizos Comúns (ordenanza) – 6 delas para a Comunidade Autónoma de Galicia-.  

Entradas relacionadas

A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia
28 Novembro, 2023
Tres mulleres de Xuntos acadan un posto de traballo en empresas da comarca de Pontevedra
24 Novembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}