Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Alejandro, de Down Ourense, convértese na primeira persoa con discapacidade intelectual contratada por Domino’s Pizza en España

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Alejandro, de Down Ourense, convértese na primeira persoa con discapacidade intelectual contratada por Domino’s Pizza en España

27 Febreiro, 2018

» Alejandro, de Down Ourense, convértese na primeira persoa con discapacidade intelectual contratada por Domino’s Pizza en España

Aos seus 25 anos, Alejandro Nieto conta cunha bagaxe laboral impoñente, xa que desde que comezou a súa andaina laboral con 20 anos, traballou en varias empresas da zona de Ourense e desempeñou diferentes tarefas en diversos postos.

Actualmente, compaxina un contrato temporal como repoñedor na empresa Feuvert con outro en Domino’s Pizza (Zena Alsea).

Nesta última comezou a traballar o pasado 4 de decembro, converténdose na primeira persoa con discapacidade intelectual que Domino’s Pizza contrata en España. Durante a súa media xornada semanal monta caixas para pizzas, prepara os complementos, aprovisiona o local de material e de produtos necesarios, lava os utensilios, limpa as superficies e céntrase na atención ao cliente. Nestes momentos estase a preparar como “líder de sala” para recibir aos clientes cando entran no local e dirixilos ao mostrador ou ás mesas.

Ao preguntarlle polo que máis lle gusta, non dubida en responder que “todo”, pero resaltando sobre todo “o ambiente de traballo e a realización de tarefas moi diferentes”. En canto ao que menos, tras pensalo un pouco, di que non ten nada que dicir en negativo. Alejandro descríbese como un rapaz ao que lle gusta “facer e probar cousas novas”. Non lle importa pasar por diferentes traballos ata encontrar o máis axeitado, aínda que cree que xa o atopou en Domino’s.

Alejandro valora a súa inserción en Domino´s Ourense como “estupenda e marabillosa” e di que “da gusto ir a traballar todos os días porque os compañeiros acolléronme moi ben dende o primeiro día”.

Os seus compañeiros e compañeiras, pola súa banda, destacan o seu esforzo e salientan que “traballar con el é admirable porque demostra a cada momento o importante que é manter unha actitude positiva”. Valoran de xeito favorable a súa incorporación porque “o seu carisma fai que medre o compañeirismo”.

No caso de algún deles, esta é a primeira vez que traballan con unha persoa con discapacidade intelectual. Pensaban que Alejandro “tardaría en adaptarse polo ambiente tan dinámico que hai na tenda”, pero comprobaron que con forza, gañas e ilusión todo é posible.

 

Primeira contratación en Domino’s España

O principal promotor desta inserción é Joshua Pazos, xerente de Domino’s Pizza Ourense, que apostou desde o primeiro momento pola incorporación de Alejandro ao seu equipo de profesionais. Recoñece que non coñecía Down Ourense e que non se imaxinaba a cantidade de traballo e de persoas traballadoras que se dedican a formar, apoiar e valorar ás persoas usuarias da entidade. Comenta que se decidiron polo seu programa de Emprego con apoio porque lles pareceu “moi interesante poder seguir formándose con vistas a seguir crecendo no ámbito persoal e profesional”. Ademais, ter unha persoa de apoio solucionoulles “moitas dúbidas e mitigou os medos que sempre existen ao comezo nestas novas contratacións”.

Joshua Pazos considera que Alejandro “é un motivador” e que a súa contratación mellorou directamente o ambiente de traballo. Cre que tiñan “un grupo moi ben formado e con capacidade para asumir diferentes retos, pero el non fai máis que sorprendernos e axudarnos a ver o noso día a día de xeito diferente, así como a tomarnos cada tarefa con máis ganas”. O xerente desfáise en eloxios cara Alejandro, do que destaca que “sempre ten unha actitude positiva e gañadora, unha gran capacidade de esforzo, un innato don de xentes,… é o compañeiro total!”.

Esta incorporación é a primeira en Domino’s Pizza a nivel estatal. Pazos cre que non será a única, posto que xa mantivo conversas con outros compañeiros e compañeiras e, “aínda que moitos saben que a complexidade nun inicio é algo maior, teñen moitas gañas de seguir crecendo e aprendendo”.

Pazos non dubida en recomendar o Emprego con Apoio a aquelas empresas que teñen dúbidas á hora de incorporar aos seus equipos de traballo a unha persoa coa síndrome de Down ou con outra discapacidade intelectual. Ten claro que “hai que estar moi seguros de estar interesados na súa incorporación porque, ao final, que estes novos compañeiros ou compañeiras se adapten ou non depende moito da nosa actitude”. Recomenda ferventemente darlle unha oportunidade ás persoas con discapacidade intelectual, xa que no seu caso “só achegou cousas positivas, tanto no laboral coma no persoal” e espera que “esta relación entre Domino’s Pizza e Down Ourense non fixera máis que comezar”.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}