Fundación Mutua Madrileña doa preto de 17.000€ á asociación Down Ourense

A asociación Down Ourense conseguiu converterse, a través dunha votación en www.fundacionmutua.es, nunha das catro entidades elixidas polos mutualistas da Mutua Madrileña para ser beneficiaria da recadación dos concertos organizados pola Fundación da aseguradora durante o ano 2017.

Os 67.000 euros obtidos destinaranse a partes iguales a catro proxectos de entidades sen ánimo de lucro, dous dedicados á atención de adultos y dous á de nenos e nenas. Así, ademais de Down Ourense, foron seleccionadas a Asociación de Daño Cerebral de Navarra (ADACEN), a Asociación para la Atención de Personas con Discapacidad Intelectual Ligera e Inteligencia Límite (ADISLI) e a Asociación Arca de Noé (Valencia).

Down Ourense destinará o diñeiro conseguido ao seu proxecto de inclusión educativa do que, a través de actividades de reforzo, beneficiaranse 20 nenos e nenas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de entre 5 e 19 anos e 16 centros escolares ordinarios.

 

A educación, un alicerce universal

A educación é un alicerce fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. As sociedades avanzadas deben estar dotadas de institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo por ningunha causa.

A inclusión na escola ordinaria é a vía máis adecuada para conseguir o desenvolvemento formativo, psicolóxico e social das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Sen  embrago, a inclusión educativa non pode seguir un modelo único, senón que debe ser adaptado ás necesidades de cada persoa. Así mesmo, non é un fin en si mesma, senón un medio para conseguir o pleno desenvolvemento social e persoal da persoa.

Ir o contido