DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Dous mozos de Down Vigo realizan prácticas laborais internacionais nun hotel de Milán

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Dous mozos de Down Vigo realizan prácticas laborais internacionais nun hotel de Milán

Prácticas laborais no estranxeiro? Samuel Molanes e Isaac Fernández, dous mozos membros de Down Vigo, acábannos de demostrar que é posible.

Grazas ao programa europeo Valuable Network, ambos puideron viaxar ata a capital italiana da moda para adquirir coñecementos e experiencias no campo da hostalería. Durante as últimas tres semanas, o Hotel Meliá Milano foi o lugar de traballo no que Samuel e Isaac puideron mellorar as súas habilidades como camareiro e auxiliar de cociña, respectivamente.

Acompañados de Eva Alonso, a súa preparadora laboral, estes dous mozos viviron unha experiencia única e moi enriquecedora onde, ademais de aprender todo o necesario para poder desempeñar o seu traballo en calquera establecemento hostaleiro, adquiriron habilidades que lles permitirán ser máis autónomos e independentes.

En realidade, a aprendizaxe comezou xa un mes antes de viaxar á cidade italiana, cando ambos comezaron a estudar o idioma para poder integrarse mellor no persoal de traballo do hotel.

Unha vez en Milán, contaron co apoio da súa preparadora laboral, quen reforzou as explicacións das súas tarefas e facilitou a relación cos seus compañeiros e compañeiras e cos seus superiores. Esta metodoloxía é o que se coñece como Emprego con Apoio, unha modalidade de inserción laboral onde o preparador laboral acompaña ao traballador con discapacidade en todo o seu proceso de integración no posto de traballo,  modulando o apoio atendendo á súa adaptación ao posto e potenciando os apoios naturais na empresa (con xefes e xefas, compañeiros e compañeiras de traballo, persoal encargado,…).

Unha vez finalizada a experiencia, Samuel quere “dar as grazas ao Hotel Meliá Milano e a Valuable Network pola oportunidade de vivir esta incrible aventura”. Isaac, pola súa banda, destaca que aprendeu “moitas cousas novas en Milán” e quere agradecerllo “ao hotel, á nosa responsable de emprego e ao noso xefe”.

Pero estas prácticas non marcaron soamente a vida destes mozos, senón tamén a da súa preparadora laboral. “É unha das vivencias máis importantes e que máis me marcaron como preparadora laboral nos 16 anos que levo traballando coa metodoloxía de Emprego con Apoio”, indica Eva Alonso. “É unha vivencia tan intensa como gratificante e creo que marcará tamén a vida tanto persoal como laboral de Samuel e Isaac”, termina.

A maiores da experiencia laboral, Samuel e Isaac veñen coa maleta chea de novas experiencias e vivencias. Aínda que de luns a venres os mozos dedicábanse por completo ás súas novas tarefas, ambos gozaron de algo de tempo libre para o lecer e o turismo, podendo coñecer, ademais de Milán, lugares tan emblemáticos como o Lago Como ou Lugano e gozando da deliciosa gastronomía italiana.

Ademais, a sorte quixo que o establecemento hostaleiro estivese preto do estadio de San Siro, polo que estes vigueses afeccionados ao fútbol puideron gozar das visitas de xogadores e adestradores de primeiro nivel como Leo Messi, Denís Suárez ou Quique Setién.

 

Programa Europeo Valuable Network

Estas prácticas laborais son unha das accións que o programa europeo Valueable  Network incorporou recentemente e que naceu para fomentar a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en hoteis, bares e restaurantes de toda Europa. Na actualidade, esta rede europea, que está financiada pola Comisión Europea a través do programa Erasmus+, está formada por máis de 80 establecementos de 6 países europeos (España, Portugal, Italia, Alemaña, Hungría e Turquía).

Entradas relacionadas
Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España
5 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
20 Xaneiro, 2021
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade