A través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude financiou ao longo do pasado 2025 parte de varios proxectos que Down Galicia e as súas 7 entidades membro levaron a cabo en todo o territorio galego.
Desta forma, as achegas para os distintos programas foron as seguintes:
Liña I – Actuacións destinadas á xuventude
- Programa de Encontros bilaterais – 11.606,50 €
- Programa de Escapadas turísticas entidades Norte – 10.501,11 €
- Programa de Escapadas turísticas entidades Sur – 10.343,21 €
- Programa de Convivencias nas vivendas das entidades Down – 11.132,77 €
Liña II – Actuacións destinadas ao voluntariado
- Programa de Formación de persoas técnicas e voluntarias – 5.572,62 €
- Programa de Formación das persoas usuarias para ser voluntarios/as – 5.149,87 €
Grazas a estas achegas, que ascenderon a un total de 54.306,08 €, persoas usuarias das entidades Down de Galicia e as súas familias beneficiáronse durante o pasado ano das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro destes programas.