A través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social e Igualdade financiou ao longo do último ano parte de varios proxectos que Down Galicia e as súas 7 entidades membro levaron a cabo en todo o territorio galego, así como tamén das inversións en equipamento e acondicionamento dos centros de traballo da Federación e das súas entidades federadas.
Desta forma, as achegas para os distintos programas en 2025 foron as seguintes:
Liña I – Actuacións no ámbito de familia, infancia e dinamización demográfica
- Encontros locais de familias – 825,67 €
Liña II – Actuacións de inclusión social
- Itinerarios de inclusión sociolaboral – 42.313,72 €
Liña III – Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade
- Sensibilización – 63.384,48 € €
- Apoio psicolóxico – 63.384,48 € €
- Estimulación cognitiva – 62.006,55 €
- Ocio e vida saudable – 62.695,53 €
- Apoio e intervención no proceso de envellecemento – 64.073,44 €
- Inclusión educativa – 64.073,44 €
- Apoio a familias – 64.073,44 €
- Asesoramento e preparación de Emprego Público – 35.826,01 €
Liña – VI – Actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero
- Formación universitaria para mulleres – 30.000 €
Grazas a estas achegas, que ascenderon a un total 571.656,76 €, persoas usuarias das entidades Down de Galicia e as súas familias beneficiáronse durante este ano das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro destes programas.
Así mesmo, a Federación Down Galicia contou cunha achega total de 289.778,88 € para levar a cabo varios proxectos de adquisición de equipamento informático e mellora dos recursos materiais nos seus centros de traballo e varias obras de acondicionamento nas propias entidades membro:
Liña – IV – Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade
- Acondicionamento e mellora de centros e vivendas – 76.507,43 €
- Implantación e renovación de equipamento informático – 103.085,53 €
- Rehabilitación das fachadas Este e Norte de Down Compostela – 71.127,77 €
- Obras menores nas entidades Down – 39.058,15 €