Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora da súa aula multisensorial

 

Down Lugo é unha das entidades participantes na II edición da convocatoria As Termas Suma e necesita a nosa colaboración para poder conseguir os 3.000€ cos que está dotada a axuda.

O proxecto presentado céntrase na adquisición de material para a aula de estimulación multisensorial da asociación, que axudará ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais usuarias da entidade a mellorar a súa calidade de vida e a súa comunicación coa contorna a través de estímulos aos que non terían acceso doutro xeito.

Se queres apoiar o proxecto de Down Lugo, podes facelo ata o próximo 17 de xuño votando na seguinte ligazón: www.bit.ly/DownLugoTermas

Lembra validar o voto no teu correo electrónico e difundir entre todos os teus contactos.

As Termas Suma é unha iniciativa do Centro Comercial As Termas para apoiar ás asociacións sen ánimo de lucro lucenses e darlles a visibilidade que necesitan.

Ir o contido