Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF

A través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social financia parte de varios proxectos que Down Galicia leva a cabo en todo o territorio galego, así como tamén das inversións en equipamento e acondicionamento dos centros de traballo da Federación.

Desta forma, as achegas para os distintos proxectos son as seguintes:

  • Apoio a familias de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais: 60.665,12 €
  • Apoio e Intervención no proceso de envellecemento de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais: 36.271,60 €
  • Inclusión educativa de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual: 16.629,30 €
  • Ocio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual: 35.112,76 €
  • Apoio psicolóxico de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual: 16.745,19 €
  • Sensibilización de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual: 34.880,99 €
  • Vida saudable de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual: 16.049,89 €
  • Accesibilidade de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual: 14.659,28 €

Gracias a estas achegas, que ascenden a un total de 231.014,13 €, persoas usuarias das entidades Down de Galicia e as súas familias beneficiáronse durante o ano 2020 das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro destes proxectos.

Así mesmo, a Federación Down Galicia contou cunha achega total de 145.505,26 € para levar a cabo varios proxectos de adquisición de equipamento informático para os seus centros de traballo e varias obras de acondicionamento nas propias entidades membro:

  • Implantación e renovación de equipamento informático e audiovisual: 35.527,53 €
  • Acondicionamento e mellora de recursos materiais para o servizo de promoción de autonomía persoal: 33.102,44 €
  • Ampliación e acondicionamento do local da asociación Down Lugo (fase II): 76.875,29 €
Ir o contido