Down Coruña incorpora a un mozo coa Síndrome de Down na súa Xunta Directiva

O novo equipo directivo da entidade inclúe a presenza de Jaime Vázquez Caneiro, un mozo coa síndrome de Down de 38 anos e que, en calidade de vocal, aportará a visión e inquietudes das persoas con diferentes capacidades.

O pasado sábado 10 de marzo tivo lugar na sede da Asociación a Asemblea Ordinaria de Down Coruña na que, entre outros temas, se aprobou a candidatura á Xunta directiva desta entidade.

Xunto a Jaime Vázquez, conforman a Xunta Directiva:

  • Manuel Álvarez Esmorís: Presidente
  • Mª Teresa Ruocco Lippolis: Vicepresidenta
  • Eloy Álvarez Alvariño: Secretario
  • Abel Cotelo Suárez: Tesoureiro
  • Xusto Fernández Fernández, José Antonio Candal Uzal y Ricardo Santos Rodríguez: Vocais

Todos eles traballarán para acadar a plena integración e nomalización das persoas coa síndrome de Down en todos os ámbitos sociais.

Deste xeito, continuarase na mesma liña de traballo, seguindo a filosofía de Down Coruña e a labor iniciada pola anterior Xunta Directiva, grazas a cuxa implicación e traballo se acadaron importantes logros en beneficio das persoas coa síndrome de Down e outras discpacidades intelectuais.

 .

Ir o contido