A Secretaría Xeral de Igualdade apoia a inclusión de mulleres con discapacidade intelectual

ACTUACIÓN SUBVENCIONADA: Subvención de 2.118,96 € á entidade Down Ourense, ao abeiro da resolución do 21 de decembro do 2015, pola que se convocan para o ano 2016, as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciado polo FSE, programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

 

DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN: Programa de atención integral para mulleres con discapacidade intelectual ou síndrome de Down en particular para favorecer a súa inclusión no seu entorno.

 

OBXECTIVOS: Forman parte do programa os seguintes obxectivos operativos:

  • Favorecer a inclusión de mulleres con discapacidade intelectual e síndrome de Down en particular.
  • Facilitar servizos e medidas de apoio e de orientación laboral para mellorar a empregabilidade e a búsqueda de emprego.
  • Mellorar habilidades persoais e sociais, que permitan unha inclusión real na comunidade.
  • Facilitar e prestar servizos de atención psicolóxica así como de asesoramento xurídico as usuarias e/ou familias das mesmas.
  • Orientar ás familias sobre os dereitos das mulleres con discapacidade intelectual.
  • Facilitar o acceso aos recursos comunitarios.
  • Lograr a plena integración sociolaboral das mulleres con discapacidade mediante orientación laboral, formación profesional e inserción laboral en empresas ordinarias.

 

logos

Ir o contido