A Xunta financiou a contratación de nove persoas para postos técnicos durante o último ano en Down Galicia

 

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financiou a contratación de nove persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2023-2024 para cubrir distintos postos de carácter técnico en varios dos centros de traballo da Federación Down Galicia baixo o proxecto “Servizo de Promoción da Autonomía Persoal: Proxectos reforzo 2023-2024”.

Mediante estas contratacións, de xornada parcial durante un ano, deuse cobertura a diferentes áreas e programas que conforman o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual (SEPAP). Nesta ocasión, o persoal contratado desempeñou o seu labor nos programas de “Vida Adulta”, “Formación e emprego”, “Emprego Con Apoio”, “Autonomía” e “Educación”.

O Servizo de Promoción da Autonomía Persoal de Down Galicia céntrase en proporcionar ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais os recursos adecuados que permitan a súa participación na comunidade da forma máis autónoma e independente posible, mediante o fortalecemento dos seus propios recursos e o adestramento da súa autonomía persoal.

Ir o contido