Apoia a Down Galicia na súa loita pola inclusión laboral

Queres loitar connosco por un mundo máis inclusivo?

A través da convocatoria “Matchfunding Tú decides” de DKV, Down Galicia puido crear un reto na plataforma Mi grano de arena para que calquera persoa que o desexe poida colaborar co noso programa de emprego inclusivo. Ademais, no momento no que finalice o reto, DKV dobrará a cantidade recadada ata un total de 2.000€!

Se queres apoiarnos entra nesta páxina web, rexístrate na plataforma, escolle a cantidade coa que desexas colaborar e mellora a calidade de vida das máis de 200 persoas usuarias do programa de emprego da Federación Down Galicia.

Se ademais de colaborar consideras de interese difundir a nosa iniciativa entre os teus contactos, estaremos moi agradecidos.

Temos ata o 31 de maio para lograr o noso obxectivo!

 

Por que lanzamos esta campaña?

O acceso normalizado normalizado a un posto de traballo segue sendo un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral das persoas con discapacidade. A participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de maneira eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen a este colectivo, resultando unha maneira sumamente eficaz de inclusión social.

Desde o ano 2002, Down Galicia leva a cabo o seu proxecto de “Emprego con Apoio”, orientado á inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral normalizado. Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo.

Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

 

Que é o crowdfunding?

Multitude de proxectos ao longo e ancho do mundo puideron facerse realidade a través do crowdfunding.

O crowdfunding ou micromecenazgo é unha rede de financiamento colectivo, normalmente  online, que a través de doazóns económicas ou doutro tipo conseguen financiar un determinado proxecto.

Ir o contido