ATENCIÓN TEMPRANA || EDUCACIÓN
VIDA ADULTA E INDEPENDENTE || COMPLEMENTARIA E TRANSVERSAL
ÁREAS :: FORMACIÓN E EMPREGO
O acceso ao mundo laboral é un dereito básico, ademais dunha das formas máis positivas de favorecer a verdadeira inclusión socio-laboral e a vida autónoma das persoas con discapacidade intelectual.
Para acadar este obxectivo, o Movemento Down Galicia ofrece os reforzos laborais precisos á persoa a través da metodoloxía Emprego con Apoio, na que un preparador ou preparadora laboral forma á persoa traballadora coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual no mesmo posto de traballo, liberando á empresa desta labor.
Programas:
- Emprego con Apoio
- Formación para o emprego
- Tránsito á vida adulta