CERMI Galicia conmemora o Día Internacional e Europeo da Discapacidade coa lectura dun manifesto no Parlamento galego

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) conmemorou o Día Internacional e Europeo das persoas con Discapacidade coa lectura do manifesto emitido polo movemento CERMI no Parlamento de Galicia. A lectura correu a cargo do presidente de  CERMI Galicia, Iker Sertucha.

O acto tivo lugar hoxe, 4 de decembro, na institución autonómica e contou coa presenza do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, e da conselleira de Política Social, Fabiola García.

CERMI Galicia adhírese así ao manifesto feito público pola plataforma representativa da discapacidade a nivel estatal, como expresión do tecido cívico de dereitos humanos das persoas con discapacidade e as súas familias.

A celebración do Día Internacional e Europeo da Discapacidade foi instaurada pola Organización de Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea e conmemórase cada ano o día 3 de decembro.

O CERMI Galicia é a entidade, sen ánimo de lucro, cuxa misión é loitar pola inclusión e o benestar de máis de 200.000 galegos con discapacidade.

Le aquí o manifesto completo.

Ir o contido