Down Ourense e Iberdrola celebran o Día Internacional do Voluntariado

O pasado sábado, con motivo do Día Internacional do Voluntariado, a Fundación Iberdrola e Down Ourense desfrutaron dunha divertida xornada medioambiental polo Canón do río Sil.

Así, traballadores e traballadoras de Iberdrola e membros da asociación realizaron unha ruta polo municipio ourensá de Parada de Sil e, posteriormente, participaron nunha reforestación conxunta.

En total, formaron parte desta xeira 16 usuarios e usuarias de Down Ourense, unha persoa voluntaria e 4 técnicos da entidade, un técnico da Fundación para o Fomento do Desenvolvemento e a Integración da Fundación Iberdrola, un guía da zona de Parada de Sil e 6 traballadores e traballadoras da empresa de enerxía.

Esta xornada, organizada a través da Fundación para o Fomento do Desenvolvemento e a Integración da Fundación Iberdrola, englóbase dentro das actividades que a propia Fundación levou a cabo a nivel nacional en 23 cidades españolas.

Ir o contido