O Colexio Pérez Viondi da Estrada, Pizza Móvil e o BBVA premiados por Down Compostela

A Fundación Down Compostela entregará os II Premios Down Compostela, constituídos para recoñecer a labor de persoas, entidades e institucións que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. A gala de entrega dos galardóns celebrarase a noite do día 20 de marzo no Hostal dos Reis Católicos. Os galardoados nesta edición son o Colexio Pérez Viondi da Estrada, polo continuado traballo a favor da inclusión educativa de alumnos coa síndrome de Down; Pizza Móvil, polo apoio reiterado que demostrou cara a integración laboral das persoas con discapacidade; e o BBVA, pola implicación que tanto a nivel de entidade como dos traballadores da súa rede de oficinas teñen demostrado nos últimos anos cara as persoas coa síndrome de Down financiando diversos proxectos da Fundación.

Skip to content