#LosVerdaderosInfluencers, a nova campaña de Down España para o Día Mundial da Síndrome de Down

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, Down España creou a campaña #LosVerdaderosInfluencers, coa que pretenden mostrarlle á sociedade que as persoas coa síndrome de Down, pola súa forma de ver a vida con ilusión e forza, inflúen moi positivamente na contorna que lles rodea –familia, colexio, traballo…- e que por tanto, teñen a capacidade de cambiar vidas.

 

Vídeo #LosVerdaderosInfluencers

O vídeo da campaña reflicte unha realidade: as persoas coa síndrome de Down teñen a capacidade de influír no seu círculo máis próximo. Por iso, no anuncio explícase que pola súa maneira de ver o mundo e pola súa maneira de afrontar a vida, as persoas con esta alteración cromosómica son os verdadeiros influencers.

Grazas a esta campaña, Paula, Santi, Ángel, Alex, Teté, Irene, Camino, Visi y Ainhoa, ataviados como verdadeiros ídolos, convértense por un día en influencers e comparten protagonismo con rostros moi coñecidos nas redes sociais como Dani Mateo, O Home de Negro, Marta Carriedo ou Paula Gonu.

A campaña foi ideada e desenvolvida pola axencia Tiempo  BBDO, en colaboración coa produtora Petra Garmon e Omnicom PR, e gravouse integramente no madrileño Club  Argo.

Ir o contido