Persoas usuarias de Down Ourense participan nun desfile de moda local nas rúas da cidade

 

Baixo o lema “Ti estás de moda”, a asociación de comercios Ourense Centro organizou a finais do pasado mes de abril unha pasarela de moda na que 12 persoas de entre 11 e 40 anos de Down Ourense participaron como modelos.

Unha cita na que as persoas asistentes puideron ver os produtos dos comercios da cidade en modelos de diferentes tallas e estilos: vestidos de fantasía, moda ibicenca, moda romántica para noivos e noivas, etc.

Susana Rodríguez, xerente da asociación Down Ourense, quixo agradecer a Ourense Centro a proposta de participación neste desfile inclusivo, que discorreu polo primeiro tramo da Rúa do Paseo e que estivo conducido pola cantante Lucía Pérez.

Cambiar a forma de ver ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual é posible se facilitamos a súa participación nas actividades da súa contorna, en igualdade de condicións que o resto de cidadáns e cidadás.

Ir o contido