Política Social financiou en 2022 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF

 

A través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social financiou en 2022 parte de varios proxectos que Down Galicia levou a cabo en todo o territorio galego, así como tamén das inversións en equipamento e acondicionamento dos centros de traballo da Federación.

Desta forma, as achegas para os distintos proxectos foron as seguintes:

  • Encontro autonómico de familias do movemento Down Galicia – 10.346,31 €
  • Encontro autonómico de mozos e mozas do movemento Down Galicia – 5.740,44 €
  • Programa de encontros bilaterais de mozos e mozas do movemento Down Galicia – 5.908,65 €
  • Itinerarios de inclusión sociolaboral – 44.235,30 €
  • Ecofriendly 21: itinerario de formación e inclusión sociolaboral – 9.724,98 €
  • Ocio e vida saudable – 38.439,53 €
  • Estimulación cognitiva – 36.882,79 €
  • Sensibilización – 36.643,29 €
  • Apoio psicolóxico – 37.242,04 €
  • Accesibilidade – 37.361,78 €
  • Apoio e intervención no proceso de envellecemento – 37.840,79 €
  • Inclusión educativa – 36.763,04 €
  • Apoio a familias – 62.149,90 €

Grazas a estas achegas, que ascenderon a un total de 399.278,84 €, persoas usuarias das entidades Down de Galicia e as súas familias beneficiáronse durante o ano pasado das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro destes proxectos.

Así mesmo, a Federación Down Galicia contou cunha achega total de 191.643,62 € para levar a cabo varios proxectos de adquisición de equipamento informático e mellora dos recursos materiais nos seus centros de traballo e varias obras de acondicionamento nas propias entidades membro:

  • Implantación e renovación de equipamento informático e audiovisual – 73.152,18 €
  • Acondicionamento e mellora de recursos materiais para o servizo de promoción de autonomía persoal – 41.735,67 €
  • Ampliación e mellora do centro de servizos S.E.P.A.P Down Compostela – 31.900,29 €
  • Centro de promoción de autonomía persoal Down Ourense – 44.855,48 €
Ir o contido