Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense

  O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro 21 de marzo, a partir das 19:00 horas, os actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down e do 20 aniversario da Asociación Down Ourense. Nesta edición entregaranse os VIII Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía…

De Vacas, Lucía Pérez, Coro da Rá e o Mago Rafa na conmemoración do 20 aniversario de Down Galicia

A Federación Down Galicia cumpre dúas décadas de intenso traballo, de logros e progresos. A inclusión real na sociedade está a deixar de ser unha utopía para converterse nunha realidade, aínda que queda moito camiño por percorrer. Desde o seu nacemento, o obxectivo prioritario da Federación foi conseguir que as persoas coa síndrome de Down…