“Chámome David e teño un soño, conseguir un emprego digno e ser un máis”, así comezaba a súa intervención David Nóvoa, un mozo con discapacidade intelectual, que no nome de todos os seus compañeiros e compañeiras interviña no acto de inauguración das novas instalacións da Asociación Down Ourense. David puxo de manifesto a necesidade de levar unha vida activa e normalizada na sociedade e asegurou que “aínda que teñamos unha discapacidade tamén somos capaces de aprender e podemos desempeñar un traballo, ao igual que calquera outro traballador”. Acompañando a David estaban a presidenta da Asociación, Mara Prieto, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, cuxo departamento contribuíu cunha axuda económica a financiar o acondicionamento das novas instalacións. Unhas instalacións coas que se pretende dar cabida ás novas necesidades de espazo que Down Ourense viña detectando debido ao seu crecemento dos últimos anos, tanto en número de persoas usuarias como en programas e servizos. Neste sentido, Mara Prieto lembraba que desde o ano 2003 no que nacía a Asociación, continúan a traballar “cunha proposta moi clara: que as persoas coa síndrome de Down teñan as mesmas oportunidades que calquera outra persoa para levar unha vida normalizada e activa na súa propia comunidade”. Fixo fincapé na necesidade de marcar unha ruptura “con modelos de intervención asistencialistas e segregadores” e solicitou que “toda a sociedade se implique na loita contra a invisibilidade á que sempre se quixo someter ás persoas con discapacidade, e contra os estereotipos e prexuízos dos que son obxecto”. Cualificou o traballo da entidade que preside como “pioneiro” e manifestou sentirse orgullosa das portas que foron abrindo nesta década de vida. Á este acto tamén acudiron autoridades locais e provinciais, entre as que destacan o Alcalde de Ourense, Agustín Fernández Gallego, a Concelleira de Benestar Social, Marga Martín, o Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martínez, o Subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o Presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada Rúa, o Director Territorial de Abanca, Rubén Saavedra, a Directora Territorial de FSC Inserta, Menchu Iglesias, e o Vicerreitor da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez. Tamén estaban representadas as institucións e entidades que colaboraron no financiamento das obras de acondicionamento, que ascenderon a 68.000 euros, das cales a Secretaría Xeral de Igualdade financiou 17.000 euros, La Caixa 6.000, a Once 5.500, e a empresa Armán contribuíu con dotación de mobiliario. O importe restante cubriuse con achegas de doantes particulares e con fondos propios.
Down Ourense inaugura as súas novas instalacións demandando maior inclusión social e igualdade de oportunidades
18 Decembro, 2014
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.