Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Científicos desactivan en células o terceiro cromosoma que causa a síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Científicos desactivan en células o terceiro cromosoma que causa a síndrome de Down

19 Xullo, 2013

» Científicos desactivan en células o terceiro cromosoma que causa a síndrome de Down

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE Down Galicia valora este resultado como un extraordinario achado aínda que acolle a noticia con cautela, xa que a investigación tan só se realizou en células en fase embrionaria e aínda debe probarse en modelos animais. Neste sentido, o presidente da Federación, Delmiro Prieto considera que “todos os avances para a síndrome de Down teñen que ser benvidos; todas as portas que se abran son recibidas con esperanza. Pero debo matizar que hai que acoller esta nova con prudencia porque non hai resultados inmediatos. Simplemente é algo que se está estudando”. Científicos da Escola de Medicina da Universidade de Massachusetts conseguiron desactivar nun cultivo de células en tubo de ensaio o terceiro cromosoma do par 21, causante da síndrome de Down. Isto permítelles restaurar as principais funcións celulares alteradas pola trisomía 21. Grazas a este avance, os científicos poderán comprender mellor la bioloxía e os efectos biomoleculares en torno á síndrome de Down, o que nun futuro podería axudar a desenvolver terapias orientadas a mellorar algunhas das patoloxías asociadas a esta discapacidade, como o inicio temperá do Alzheimer, as cardiopatías, ou disfuncións do sistema endócrino. O estudo, que foi publicado na revista científica Nature, aproveita un xene do cromosoma X chamado XIST, e que se encarga de apagar un dos dous cromosomas X que se atopan nas células femininas. Aos científicos ocorréuselles utilizar este mesmo xene para ver se podía desactivar o cromosoma 21 de máis presente na síndrome de Down. Non é unha cura nin unha vía terapéutica O que realmente permite este avance é comprender como e por que aparecen determinados problemas do desenvolvemento nunhas persoas coa síndrome de Down e noutras non. Por exemplo, por que o 50% das persoas coa síndrome de Down nacen sen cardiopatía e o outro 50% ten problemas cardiovasculares, a pesar de que todos teñen tres cromosomas 21. Así o recoñece a doutora Lawrence, que lidera o equipo científico, para quen “pon de relevo o potencial deste novo modelo experimental para estudar unha serie de cuestións diferentes en distintos tipos de células e en modelos de ratos coa síndrome de Down”. “Agora temos una ferramenta poderosa para a identificación e o estudo das patoloxías celulares e vías afectadas directamente pola triplicación do cromosoma 21”, sentencia a investigadora.  

Entradas relacionadas

Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}