Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

Mozos e mozas de Down Vigo presentan os resultados dos programas financiados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Mozos e mozas de Down Vigo presentan os resultados dos programas financiados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

8 Novembro, 2013

» Mozos e mozas de Down Vigo presentan os resultados dos programas financiados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Nun encontro co director xeral deste departamento autonómico, Ovidio Rodeiro, explicaron as actividades realizadas ao abeiro dos programas ‘Iniciativa Xove’ e ‘Voluntariado Xuvenil’, e que tiveron como eixos centrais o apoio á vida independente de persoas coa síndrome de Down e a autoxestión e mellora da súa autonomía persoal. O proxecto de voluntariado tivo como principal obxectivo apoiar a vida independente dos mozos e mozas desta entidade e para conseguilo, 8 voluntarios realizaron 480 xornadas de acción voluntaria. Co obxectivo de mellorar a autonomía das persoas participantes, desenvolvéronse actividades centradas na aprendizaxe de habilidades e na adquisición dos coñecementos necesarios relacionados co funcionamento dunha vivenda, en convivencia real con outras persoas. Por outra banda, un total de 21 mozos e mozas usuarios de Down Vigo constituíron o grupo de “Autoxestores” para desenvolver un proxecto dentro do programa Iniciativa Xove. Neste caso, a finalidade foi ampliar o desenvolvemento das súas capacidades persoais, adquirir novas destrezas sociais e aumentar a súa participación en actividades de ocio educativo. Así, para avanzar neste camiño, os membros do grupo realizaron xuntanzas semanais, nas que se fomentou a comunicación a través do debate. Tamén participaron en actividades de ocio educativo en campamentos e albergues xuvenís, onde os propios mozos e mozas tiveron que planificar os programas, buscar os seus recursos de mantenza e decidir as actividades a realizar. En representación dos seus compañeiros e compañeiras, tres participantes nos programas, Marcela, Víctor e Lara, explicaron a importancia desta experiencia a nivel persoal e no seu desenvolvemento como persoas autónomas con capacidade para tomar decisións propias e para relacionarse en pé de igualdade en contornos normalizados.

Entradas relacionadas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Mozos e mozas de Down Ourense e Down Vigo fórmanse nun título propio da Universidade de Vigo
1 Decembro, 2022
Down Vigo renova o seu convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria
11 Novembro, 2022
Andrés, usuario de Down Vigo, protagonista dunha campaña de moda infantil
2 Novembro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}