DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Ibercaja colabora na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Ibercaja colabora na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down

A Obra Social de Ibercaja, a través da súa Iniciativa Emplea, aporta 1.500€ ao “Proxecto de Emprego con Apoio” que pon en marcha Down Galicia en todo o ámbito do territorio galego. Esta colaboración enmárcase na 8ª Convocatoria Ibercaja de Proyectos Sociales 2013, para a realización de proxectos dirixidos a mellorar a inclusión e inserción social e laboral das persoas con algún tipo de dificultade. En virtude deste convenio, un total de 78 persoas con discapacidade intelectual, en particular coa síndrome de Down, de toda a Comunidade Autónoma  galega contarán con unha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral ordinario. Concretamente, o programa “Emprego con Apoio” responde á reivindicación das persoas coa síndrome de Down ao seu dereito a traballar en ámbitos laborais normalizados e dispoñer de recursos que lles permitan acadar maiores cotas de autonomía e independencia, tanto a nivel social como económico. Así, Down Galicia facilita a inclusión social e laboral deste colectivo, no mercado de traballo ordinario garantindo todos los apoios que tanto a persoa, como a familia e o empregador precisan. O programa contempla un sistema estruturado de apoio e acompañamento para guiar ás persoas con dificultades no proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación e o mantemento do posto de traballo, tanto na empresa privada como pública. Desta forma, os usuarios que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador laboral encargado de levar a cabo unha formación específica no propio posto, desenvolvendo estratexias de aprendizaxe para que o usuario poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros de traballo e  na mediación na relación con eles para que se desenvolva de forma positiva e natural.

IBERCAJA

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade