DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

III Edición dos Premios Down Compostela

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» III Edición dos Premios Down Compostela

A profesora do colexio Pío XII de Santiago, María García Quintas, a empresa biomédica Keramat e a Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, foron os galardoados nesta edición. Na gala de entrega organizada pola Fundación Down Compostela no Hostal dos Reis Católicos, os mozos e mozas con trisomía 21 tiveron un papel protagonista. Carlota Rodríguez foi a encargada de dar a benvida a todos os asistentes e presentar á condutora da gala, a xornalista Silvana Moril. A moza enviou un das mensaxes importantes da noite en favor da integración “é importante que toda a sociedade, que todos vos, tomedes conciencia de que sen a vosa axuda e implicación, a normalización da vida das persoas con discapacidade nunca será completa”. Carla Lojo, alumna dos cursos que imparte a asociación Rosalía de Castro, presentou o premio ao colectivo e resumiu, en primeira persoa, os motivos deste galardón: “Neste grupo de baile e pandeireta, para bailar, nos somos unha máis; para tocar, nos somos unha máis; e para actuar, nos somos unha máis. Isto si é inclusión”. A vocal da Xunta directiva da asociación, Carmen Leborán,  que recolleu o premio, apelou á “normalidade que pouco a pouco se vai establecendo para as persoas con discapacidade” e incluíuse entre o colectivo con discapacidade para concluír que “nos vémonos como un máis na sociedade e queremos os nosos sitios nela e os nosos dereitos”. Carmiña Romero tomou a palabra para falar da súa profesora, María García Quintas, docente de audición e linguaxe do colexio Pío XII de Santiago, que deu clase a gran parte dos mozos e mozas que conforman a Fundación Down Compostela. Pola súa parte, María García, que amosou o seu agradecemento aos seus alumnos e a  Down Compostela,  insistiu en que “tratei de demostrar que é posible lograr a inclusión real dos alumnos con discapacidade intelectual en xeral e coa síndrome de Down en particular”. O último galardón da noite, outorgado aos laboratorios farmacéuticos Keramat presentouno Javier Prieto, que relatou o traballo da empresa en favor da inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down. O conselleiro delegado de Keramat, Miguel Souto, recolleu o premio de mans do seu empregado Francisco Fianza e dirixiuse ás empresas para pedirlles “que perdan o medo a empregar a persoas como Fran, cunha altísima profesionalidade. Non se van arrepentir”. Ademais insistiu na idea de que “a labor que realizan los premiados de hoxe debería ser o normal” e bromeou engadindo: “por iso nun primeiro momento non entendiamos por que nos premiaban”.

Entradas relacionadas
O Presidente da Deputación de A Coruña visita a sede de Down Compostela para coñecer as principais demandas da Fundación
13 Outubro, 2020
Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’
8 Outubro, 2020
O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela
11 Setembro, 2020
Celebrada una nueva edición del Campeonato de Baristas Down de Galicia
9 Marzo, 2020
A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020
6 Marzo, 2020
Risas, aplausos e moita música na estrea da nova obra do Grupo de teatro Down Compostela
11 Xuño, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade