DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Compostela estrea “As probas de Hércules”

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Compostela estrea “As probas de Hércules”

O Grupo de Teatro de Down Compostela, composto por mozos e mozas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual dirixidos por Lucas Herrador, estrea o 27 de xuño, ás 21.00 horas, a obra “As probas de Hércules” no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O acceso á sala será libre, previa retirada da correspondente entrada nas billeteiras do Salón Teatro. Lucas Herrador, destaca que despois das cinco obras xa representantes polo grupo de teatro, “mereciamos a homenaxe dun divertimento. Se Hollywood manexa os mitos gregos e romanos como mellor lle prace, por que nós non podemos facer algo parecido?”, pregúntase o director. Desta reflexión xurde a idea de poñer en escena ao máis famoso dos heroes helenos e o protagonista dun ciclo épico que leva as súas fazañas por todo o orbe coñecido dos antigos gregos. A partir do mito de Hércules e dos caprichosos deuses que, “aburridos no seu Olimpo deciden xogar coa vida dun mortal, quixemos facer unha obra que sirva para divertir a espectadores e actores”, engade o director. Financiada pola Fundación Down Compostela, os mozos e mozas do grupo de teatro levan moitos meses ensaiando “As probas de Hércules”. “Un espectáculo con máis de vinte actores en escena require moitas horas de traballo previo. A representación non sería posible sen a implicación de profesionais e familiares de Down Compostela que buscaron un oco nas súas axendas para botar unha man e que podamos estrear a obra”, conclúe Lucas Herrador.

Entradas relacionadas
O Presidente da Deputación de A Coruña visita a sede de Down Compostela para coñecer as principais demandas da Fundación
13 Outubro, 2020
Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’
8 Outubro, 2020
O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela
11 Setembro, 2020
Celebrada una nueva edición del Campeonato de Baristas Down de Galicia
9 Marzo, 2020
A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020
6 Marzo, 2020
Risas, aplausos e moita música na estrea da nova obra do Grupo de teatro Down Compostela
11 Xuño, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade