DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

“Identidades” exponse na Coruña

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» “Identidades” exponse na Coruña

O centro comercial Coruña The Style Outlets acolle ata o 31 de xullo a exposición ‘Identidades’, realizada por mozos e mozas de Down de Vigo en colaboración co grupo de deseñadores La Boîte Is. A exposición consta dunha liña de roupa e xoias, a través da cal dan a coñecer a súa creatividade e poñen en valor a súa capacidade de traballo. Durante o acto de inauguración, o xerente do centro, Javier Moreno definiu “Identidades” como unha “aposta por integrar as persoas con discapacidade a desenvolver a súa creatividade no mundo da moda”. “Estamos convencidos de que os nosos visitantes gozarán moito cas súas orixinais propostas e deseños, vivindo unha experiencia única na súa visita ao centro”, engadiu Moreno. Pola súa parte, Fernando Molina, presidente de Down Vigo, amosou o seu agradecemento ao centro comercial “por brindarnos esta oportunidade de achegar ao público galego as propostas que fixeron algúns dos nosos alumnos e de poder facelo nun marco incomparable, como é un dos centros de moda de referencia de Galicia. ‘Identidades’ pon de relevo a importancia de defender a liberdade individual dentro dunha sociedade en constante cambio. Desde a asociación entendemos que debemos aportar á sociedade aqueles elementos que contribúan á súa evolución positiva”.

Entradas relacionadas
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
O atleta Marcos Groba e o equipo Taninos Runners Ponteareas doan 625 euros a Down Vigo
6 Novembro, 2020
Down Vigo e a empresa de automoción Magna Seating asinan un convenio de colaboración para facilitar a inclusión laboral do colectivo
29 Outubro, 2020
Down Vigo entrega á ONG Bicos de Papel a cantidade recadada grazas ao Proxecto Xx
23 Setembro, 2020
Down Vigo presenta a exposición “El viaje de mi vida”, composta por oito tapices de tea confeccionados por membros da entidade
10 Agosto, 2020
Down Vigo retoma o lanzamento da colección solidaria Proxecto Xx, con 15 camisetas con deseños exclusivos
7 Xullo, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
  • Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
  • “Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade