Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Fundación Randstad premia o proxecto de emprego de Down Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Fundación Randstad premia o proxecto de emprego de Down Galicia

3 Xuño, 2015

» A Fundación Randstad premia o proxecto de emprego de Down Galicia

Down Galicia vén de recibir o premio da Fundación Randstad na categoría Institucional grazas ao seu proxecto “Potenciando o talento profesional: emprego con apoio”. A secretaría técnica de selección de premiados valorou a ampla traxectoria de Down Galicia a prol da inclusión social, o seu grao de asociacionismo e colaboración, o rigor do proxecto, os indicadores e obxectivos de medición de impactos e o grao de innovación desenvolvido no proxecto, en sectores non tradicionais. Os galardóns, que se entregaron no Casino de Madrid, recoñecen o labor de empresas, medios de comunicación, institucións e profesionais que teñan desenvolvido iniciativas a favor da integración social e laboral de colectivos en risco de exclusión. O vicepresidente de Down Galicia, Manuel Pérez Cabo, foi o encargado de recoller o premio no nome da Federación e aproveitou a súa intervención para agradecer o recoñecemento, ao tempo que fixo fincapé na necesidade de implicar a toda a sociedade para que as persoas con discapacidade poidan acceder ao mercado laboral de xeito normalizado. O proxecto de emprego de Down Galicia púxose en marcha no ano 2.002 e está orientado a facilitar que as persoas con discapacidade teñan un traballo en empresas ordinarias. Para que estas insercións sexan efectivas cóntase coa figura dun preparador ou preparadora laboral (profesional que se encarga de ensinar as tarefas á persoa con discapacidade no  posto de traballo), e que non supón custe algún para a empresa. Este tipo de apoio no posto é gradual e vaise retirando ata desaparecer por completo a medida que a persoa con discapacidade vai adquirindo autonomía nas súas tarefas.   Os Premios Fundación Randstad chegan este ano á súa X edición e contan co apoio do Instituto Complutense de Estudios Internacionales e do Real Patronato sobre la Discapaciad, entidade dependente do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Nesta edición tamén foron premiados a compañía de alimentación e bebidas Calidad Pascual na categoría de Empresa, pola incorporación de persoas con discapacidade á súa plantilla; EFE Radio na categoría de Medios de Comunicación, polos programas “Radio o lo que sea”, “Somos capaces” e o seu Taller de Radio; e Juan José Bilbao na categoría Mención de Honor, polo deseño de EsAccesible App.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}