DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Apúntate ó II Encontro Nacional de Moz@s de DOWN ESPAÑA!

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Apúntate ó II Encontro Nacional de Moz@s de DOWN ESPAÑA!

Organizado por DOWN ESPAÑA, en colaboración con DOWN GALICIA, serán tres días para que mozos e mozas con e sen síndrome de Down compartan experiencias e amplíen os seus coñecementos nunha contorna plenamente inclusiva. O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 8 de abril de 2016. A segunda edición do Encontro Nacional de Moz@s de DOWN ESPAÑA terá lugar do 20 ó 22 de maio de 2016 en Santiago de Compostela. Trátase dunha cita ideada para os mozos e mozas maiores de 18 anos con e sen síndrome de Down pertencentes ás entidades adheridas á Rede Nacional de Vida Independente de DOWN ESPAÑA. Os participantes aloxaranse nas instalacións do Hostal La Salle, situado no centro histórico da cidade: a oito minutos da Catedral e moi próximo aos principais monumentos da cidade. Alí terán lugar tamén algunhas das actividades programadas. Os obxectivos que persegue este II Encontro Nacional de Moz@s son:

  1. Proporcionar un espazo de encontro para mozos e mozas de toda España.
  2. Compartir experiencias e coñecementos relacionados cos diferentes proxectos de Vida Independente.
  3. Establecer espazos de debate tratando temas sobre a vida independente.
  4. Recibir formación adicional relacionada coa vida independente.
  5. Dar a coñecer a cidade e a cultura galega.

Con iso búscase impulsar o debate, o diálogo e o intercambio de información e experiencias entre os mozos e mozas nun contexto totalmente inclusivo de convivencia. Para logralo, deseñouse un programa que contempla desde actividades culturais ao aire libre e visitas turísticas, ata mesas redondas e accións formativas. Inscrición e programa Para xestionar adecuadamente o seguro do Encontro é necesario que cada participante cumprimente a FOLLA DE INSCRICIÓN INDIVIDUAL ó II ENJ 2016 (para obtela é necesario poñerse en contacto coa entidade da que se forme parte). A información debe enviarse ao correo programas@sindromedown.net. Para asegurar un enfoque máis inclusivo, establécese un cociente de participantes de forma que como máximo, de cada 4 mozos ou mozas inscritas 3 teñan síndrome de Down. Programa-ENJ

Entradas relacionadas
Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
28 Febreiro, 2021
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
17 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade