Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

BBVA comparte unha tarde de Champions con mozos e mozas de Down Galicia e Fundación Celta Integra

Traballamos

Medramos

Aprendemos

BBVA comparte unha tarde de Champions con mozos e mozas de Down Galicia e Fundación Celta Integra

3 Maio, 2016

» BBVA comparte unha tarde de Champions con mozos e mozas de Down Galicia e Fundación Celta Integra

O estadio de Balaídos foi escenario esta tarde dun partido moi especial, mozos e mozas da Federación Down Galicia e da Fundación Celta Integra enfrontáronse a empregados de BBVA nun encontro cheo de risas e bromas entre os adversarios. Ao comezo da xornada Marcos Fernández, director de zona de BBVA en Galicia Sur, en representación de BBVA e Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, fixeron entrega dos diplomas aos 19 mozos de Down Galicia que participaron en 2015 no programa de prácticas formativas da entidade e deron a benvida aos 14 mozos da edición deste ano. Esta iniciativa pioneira en España, cuxo obxectivo é promocionar a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade, consiste na realización de prácticas formativas en oficinas galegas da entidade bancaria. “Gozamos como nenos e foi unha experiencia que tardaremos en esquecer. Moitos dos nosos adversarios hoxe  foron os nosos compañeiros e, do mesmo xeito que traballando, déronnos unha lección de superación, traballo en equipo e ilusión que nos enriquece como profesionais e como persoas”, sinalou Marcos Fernández despois do encontro. Ademais das medallas polo seu bo xogo, fíxoselles entrega de diverso material da liga BBVA que os mozos participantes recibiron con gran ilusión. En definitiva, unha tarde chea de bromas que debuxou grandes sorrisos entre os participantes, mozos e mozas, empregados de BBVA e membros do Club Celta de Vigo. Programa de prácticas formativas en Galicia No ano 2012 nacía esta iniciativa de BBVA en Galicia, seis novos membros de Down Ourense inauguraban este programa que, cos anos, consolidouse a nivel nacional. Dado o éxito da primeira experiencia, ao ano seguinte trinta e tres mozos e mozas beneficiáronse do programa en Galicia e ao longo do 2015 foron dezanove. Ao finalizar 2015 case 100 mozos coa síndrome de Down formaron parte da gran familia de BBVA e compartiron experiencias con empregados de máis de 60 oficinas da Territorial Noroeste. Este programa de prácticas formativas enmárcase dentro do programa `Emprego con Apoio´ promovido pola oficina de Voluntarios de BBVA. Por cuarto ano consecutivo,  chega a Galicia co obxectivo de obter tan bos resultados como os xerados nas edicións anteriores. As prácticas desenvolveranse en oficinas de BBVA de Galicia onde a entidade bancaria espera xerar unha experiencia moi positiva e de gran valor, non só para os mozos e mozas participantes, senón tamén para os empregados do Banco. A experiencia adquirida grazas a este programa, favoreceralles nas súas posibilidades de inserción laboral posterior.  

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}