Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

“Oxalá a Xunta me contrate ao terminar as prácticas”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

“Oxalá a Xunta me contrate ao terminar as prácticas”

10 Maio, 2016

» “Oxalá a Xunta me contrate ao terminar as prácticas”

Elías, Pamela e Carlota son tres mozos usuarios e usuarias de Down Compostela que iniciaron as súas prácticas en distintos departamentos da Xunta de Galicia o pasado mes de marzo. Agora, tras estes dous primeiros meses, queremos entrevistalos para coñecer de primeira man as súas impresións e expectativas. Down Galicia. Que tal estas primeiras semanas de prácticas? Estades contentos? Pamela e Elías: Si, moitísimo. Carlota: Si, estou moi contenta. DG. Podédesnos dicir en que Consellería ou departamento estades? P: Na Consellería de Política Social. E: En Presidencia. Vexo ao Presidente case todos os días, cando pode. C: Eu estou en Vicepresidencia. DG. Que posto desempeñades? Contestan os tres ao unísono: Ordenanza DG. Cales son as vosas tarefas? P: Escanear, triturar, fotocopiar, quitar grapas e clips e moitas outras cousas. Ademais, temos un descanso de 11:30 a 12:00h. E: Repartir correspondencia, facer fotocopias, preparar as salas cando hai Consello da Xunta, vou ao departamento de intervención delegada, ao departamento de medios, etc. E tamén vou ao Parlamento. C: Ordenar as cartas e os paquetes por zonas e provincias (Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Vigo, Pontevedra e Ourense). Dentro de cada zona, clasifícoos por Consellerías. Logo meto os paquetes e as cartas en sacas. Ás veces utilizo un computador. [Carlota utiliza o computador para memorizar o organigrama da Xunta e comprobar a que Consellería pertence o persoal, no caso de que o necesite para o desempeño das súas tarefas.] DG. Cal é a que máis vos gusta? P: Traballar na Xunta en si. Tamén me gusta o tempo de descanso porque podo estar un intre cos meus compañeiros. E: Encanutillar C: Ordenar sobres e paquetes DG. E a que menos? P: Gústanme todas. E: Que ás veces abúrrome un pouco porque teño intres sen traballo entre tarefas. C: Pensar en que Consellería vai cada carta. [Cabe resaltar a dificultade que ten saber de que Consellería depende cada servizo ou departamento] DG. Gustaríavos facer algunha tarefa que non fagades? P: Non, coas tarefas que teño chégame. E: Se. Gustaríame destruír papel porque é unha tarefa que me encanta. C: Non DG. Que tal vos levades cos vosos compañeiros e compañeiras? Axúdanvos moito? P: Ben. Axúdanme de cando en vez. E: Ben. Si, axúdanme nas miñas tarefas. C: Lévome ben. Axúdanme cando me fai falta, pero normalmente fágoo ben. DG. E vós a eles? P: Si. E: Si, cando me piden axuda. C: Eles tamén me piden axuda a min. DG. Ademais do apoio dos vosos compañeiros, tendes apoio de alguén máis? P: De Irene, que é preparadora laboral da Fundación Down Compostela. E: Si, ás veces vén Olalla, a preparadora de Down Compostela. E teño un titor de prácticas, Jesús, que traballa na Xunta. C: Non [Non se acorda do apoio do técnico de emprego da Fundación Down Compostela. Como Pamela e Elías, Carlota ten apoio diario dunha preparadora laboral da Fundación.] DG. Ao terminar estas prácticas, gustaríavos que a Xunta de Galicia vos fixese un contrato indefinido? P: Bueno, por min si. E: Oxalá. C: Si, encantaríame. DG. Imaxinade que podedes escoller calquera traballo do mundo. Cal sería? P: De secretaria da Xunta. E: Actor. C: Fotógrafa, ordenanza nunha oficina ou coidadora nunha gardería. Carlota Moitas grazas aos tres polas vosas respostas.  

Entradas relacionadas

25 persoas das entidades de Down Galicia realizan prácticas laborais na Xunta de Galicia a través de Política Social e Xuventude
4 Decembro, 2023
A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia
28 Novembro, 2023
Tres mulleres de Xuntos acadan un posto de traballo en empresas da comarca de Pontevedra
24 Novembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Un mozo e unha moza de Down Lugo melloran as súas competencias laborais no Concello
10 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}